GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Información sobre como tramitar as pensións do exterior para os retornados de Caldas de Reis

(27/02/2015)

Información sobre como tramitar as pensións do exterior para os retornados de Caldas de Reis

 

 

Responsables de la Asociación de Retornados del Ulla-Umia.
Responsables da Asociación de Retornados do Ulla-Umia
.




A Rexión I.B
. 26/02/2015


O Concello de Caldas de Reis, Pontevedra, colabora coa Asociación de Emigrantes Retornados Ulla Umia (AERU
) na campaña informativa aos emigrantes retornados sobre o período de regularización da súa situación tributaria e sobre a devolución de intereses e sancións.

Os responsables da entidade fan un chamamento a todos os veciños que foron emigrantes e que están a cobrar unha pensión dun país estranxeiro e non a incluíron nunca na súa Declaración da Renda, así como aos que foron sancionados o pasado ano por non incluír na declaración a pensión cobrada dende o exterior, para acudir ás dependencias municipais o próximo martes, tres de marzo, entre as 16,30 e as 20,00 horas para ser atendidos por persoal da asociación que lles darán a coñecer os trámites que deben realizar para declarar as súas pensións ou recobrar as multas pagadas o pasado ano.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas