GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigrantes de Lugo temen o peche do hospital do Centro Galego de Buenos Aires

(25/02/2015)

Emigrantes de Lugo temen o peche do hospital do Centro Galego de Buenos Aires

O gasto dispárase ao ter menos socios e máis envellecidos

 

lugo / a voz, 25 de febreiro de 2015.

 

 

Emigrantes de Lugo que viven en Arxentina temen o peche do hospital do Centro Galego de Buenos Aires. En varias mensaxes enviadas ao perfil de Facebook da delegación de Lugo de La Voz indican que o sanatorio da institución, que foi fundada no ano 1907 e é un emblema para a colectividade galega, reduciu de xeito considerable a súa carteira de servizos, e sinalan que o gasto sanitario se dispara porque cada vez hai menos socios e os que quedan están máis envellecidos. «Desde hai tempo hai rumores de que vai desaparecer pola crise económica que arrastra desde hai anos», apuntan fontes que precisan que o hospital funciona «como unha clínica privada», atendendo sobre todo a galegos de orixe e descendentes que pagan unha cota. Segundo a web do centro bonaerense, o hospital dispón de 28.000 metros cadrados e ten capacidade para 370 pacientes ingresados, ademais de seis quirófanos, dúas salas de maternidade, unha de partos, laboratorio, farmacia ou máis de sesenta consultorios distribuídos en máis de corenta especialidades médicas. Comentan que a farmacia está desabastecida ou que hai menos intervencións cirúrxicas.

 

 

«Un pedacito da súa terra»

 

«O Centro Galego de Buenos Aires é o fiel reflexo do que foi a emigración galega. Para os galegos ese hospital era un pedacito da súa terra, onde se atopaba un de Ourense cun de Lugo... Imaxina as charlas que se montaban nos corredores», comenta unha directiva de Rioplatenses en Lugo, Ana María Bereciartúa. A Xunta contribuíu durante anos á sustentabilidade do centro con axudas a través da Fundación Galicia Saúde, actualmente extinguida; aínda que, a xestión da institución foi posta en dúbida moitas veces.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas