GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración destina medio millón de euros ás infraestruturas e equipamento das comunidades do exterior

(25/02/2015)

Emigración destina medio millón de euros ás infraestruturas e equipamento das comunidades do exterior



Crónicas da Emigración

Redacción, Santiago
| 24 Febreiro 2015 -



O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe martes 24 de febreiro a resolución pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestructural e adquisición de equipaciones
ás comunidades galegas no exterior, e se procede a súa convocatoria para o ano 2015.

Esta liña de apoio ás comunidades divídese en dous programas o primeiro, de axudas para a ampliación, reforma, rehabilitación e conservación das instalacións e/o patrimonio cultural, e, o segundo, de axudas para a mellora de dotacións e equipaciones de carácter inventariable
.

O presuposto que a Secretaría Xeral de Emigración
destina neste ano 2015 a esta iniciativa é de 500.000 euros. Deste diñeiro, 350.000 serán para sufragar o primeiro programa, e o importe máximo que se concederá por subvención será inferior a 30.000 euros.

Para o segundo programa de axudas para mellora de dotacións e equipaciones de carácter inventariable, destínanse os restantes 150.000 euros. O importe máximo da axuda que se concederá neste programa será de 12.000 euros. O prazo de presentación de todas as solicitudes finaliza o 24 de marzo.

 

Outras liñas

Esta liña de actuación é compatible e complementa outro tipo de axudas que Emigración publicou no DOG
do pasado 28 de xaneiro e que facía referencia a subvencións para comunidades galegas, en réxime de concorrencia competitiva, para gastos de funcionamento e para proxectos de actuación dirixidos ao cumprimento dos seus fins nas áreas sociais, de xuventude, formativas, e culturais, e cuxo prazo de presentación de solicitudes finaliza este 28 de febreiro.

Para esta outra liña, Emigración destina 900.000 euros, polo que a cantidade global que o departamento que dirixe Antonio Rodríguez Miranda inviste en axudas directas para as comunidades galegas suma 1.400.000 euros. A esa cantidade fai falta engadir outras actuacións das que se benefician tamén as entidades da diáspora como a formación do seu profesorado a través do programa de Escolas Abertas, seminarios, o programa Conecta con Galicia para mozos e rapaces galegos residentes no estranxeiro, etc., polo que a cantidade final da que se benefician as comunidades galegas, procedente da Secretaría Xeral, supera de sobra o millón e medio de euros.

 

nAXUDAS E SUBVENCIÓNS
Consulta as axudas e subvencións mais importantes.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas