GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O prazo para solicitar as axudas de emigrantes retornados finaliza o 30 de setembro

(17/02/2015)

O prazo para solicitar as axudas de emigrantes retornados finaliza o 30 de setembro

Emigrantes gallegos disfrutando de un programa de Reencontros, de la Secretaría Xeral.

Emigrantes galegos gozando dun programa de Reencontros, da Secretaría Xeral.

 

A Rexión Internacional 17/02/2015


As solicitudes para as axudas asistenciais extraordinarias a emigrantes galegos retornados poderán presentarse ata o 30 de setembro. Emigración resolve cada petición individualmente, de maneira que os beneficiarios non teñen que esperar ao final da convocatoria para percibir a axuda

O Diario Oficial de Galicia acaba de publicar a resolución pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a emigrantes galegos retornados, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015. Trátase de axudas económicas en favor de emigrantes retornados, que teñen por finalidade axudar a facer fronte aos gastos extraordinarios derivados do seu retorno á Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo establecen as mesmas bases da convocatoria, "estas axudas fundaméntanse en feitos de urxente atención, teñen carácter simplemen­te paliativo e destínanse a facer fronte a aquelas causas sobrevidas derivadas do retorno que, polas súas circunstancias, requiren dunha atención incitante na obtención de re­cursos
polos afectados, de tal maneira que alcancen a complementar ou aliviar a carencia de recursos,".

Aínda que as solicitudes poderán presentarse ata o 30 de setembro, a Secretaria Xeral de Emigración
resolve cada petición de xeito individual, de modo que un beneficiario non teña que esperar á extinción da convocatoria para poder percibir a axuda.

Requisitos

As persoas que queiran acollerse a esta liña de axudas deberon residir legalmente no estranxeiro un mínimo de tres anos ininterrompidos inme­diatamente anteriores á data do seu retorno a España. Igualmente, fai falta que non transcorrese máis dun ano entre a data do seu retorno a España e a da publi­cación desta resolución. Esíxese tamén que teña nacionalidade española antes do retorno, estea empadroado e teña residencia nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia, careza de rendas ou ingresos abondo (computando como tales todo tipo de rendas, mesmo as axudas, públicas ou persoais, de natureza semellante ás previstas na resolución), e tampouco posúa bens mobles ou inmobles cuxo valor supere o límite establecido.

Na resolución explícanse polo miúdo os criterios para a baremación das solicitudes, que inclúen conceptos relacionados cos ingresos e recursos económicos da persoa solicitante, a súa situación familiar, os graos de minusvalidez ou enfermidade, ou o feito de que sexa vítima de violencia de xénero, entre outras circunstancias. Así mesmo, a resolución tamén detalla a contía, pagamento e compatibilidade deste tipo de axudas.

nAXUDAS E SUBVENCIÓNS

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas