GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Facenda garante que os retornados terán atención especial na oficina de Ribeira

(13/02/2015)

Facenda garante que os retornados terán atención especial na oficina de Ribeira

 

Os emigrantes teñen que regularizar a súa situación nos próximos meses; facer a declaración e reclamar as multas

 

 

a voz 13 de febreiro de 2015.

 

Os emigrantes retornados da comarca barbancesa están agora nun momento crucial. Nos próximos meses teñen que regularizar a súa situación, facer a declaración da renda deste ano e intentar recuperar o diñeiro que lles cobraron en multas. Desde as plataformas de afectados -na zona hai dous colectivos que aglutinan aos prexudicados polo cobro de sancións e intereses polas pensións do estranxeiro- están preocupados porque, por moito que acoden a Facenda, non logran ter toda a información que necesitan. E ven obrigados a recorrer a xestorías. O Goberno ten un plan en marcha para darlle unha información específica a este colectivo e que poida arranxar a súa situación. Nesa liña, garántese que na oficina de Ribeira haberá atención especial para os emigrantes retornados.

A Axencia Tributaria non aclara de momento se vai mandar a máis persoal para dar servizo aos retornados en Ribeira, ou se se fará cos funcionarios actuais. Indica que todo dependerá da demanda que haxa. E que se a asistencia de afectados é masiva buscarase unha solución. As plataformas animan a acudir a Facenda a cada paso para informarse.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas