GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Carballo. Dous veciños da zona, no primeiro congreso de emigración en Suíza

(10/02/2015)

Dous veciños da zona, no primeiro congreso de emigración en Suíza

Celebrouse en Berna e ambos participaron como delegados

 

la voz / 10 de febreiro de 2015.

 

 

Abelenda (terceiro pola esquerda) e Casais (quinto), con outros delegados, en Berna.

 

 

Dous veciños da zona participaron como delegados no primeiro congreso da emigración que se organizou en Suíza. Primeiro, no sentido de que participaron representantes de varios países, porque de colectivos unicamente galegos si houbo varios nos últimos anos.

Este congreso, celebrado o sábado na capital, Berna, estaba convocado polo sindicato Unia, Second@s Plus Schweiz e Colonie Libere Italiane. Os dous delegados da comarca son Xosé Abelenda, de orixe xalleiro e coristanqués, responsable de emigración para Bienne e o cantón de Solothurn de Unia, e Alfonso Ciprián Casais, de Cee, canteiro e membros do grupo de construción de Unia en Bienne e Olten.

A reunión xuntou a representantes chegados de todo o país (de sociedades galegas, ningunha), e xorde en resposta á iniciativa contra a «inmigración en masa» aprobada o ano pasado. Xustamente, o 9 de febreiro, que está a producir xa os primeiros efectos en forma de recortes dos dereitos dos que chegan ao país. «Reflexionouse no xeito de ter máis forza e parar máis a ofensiva para contrarrestar os efectos das políticas da UDC, o partido promotor da iniciativa», sinala Abelenda.

O congreso é o primeiro paso para tratar de manter os dereitos. «A algún traballador chégaselle a ameazar coa expulsión por estar varias veces no paro e non ter traballo fixo, acusándoo de non integrarse», explica. Tamén pediron que os estranxeiros voten nas municipais.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas