GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Educación incrementará a contía mensual dun 77% dos beneficiarios da bolsa Erasmus

(26/01/2015)

Educación incrementará a contía mensual dun 77% dos beneficiarios da bolsa Erasmus

 


Jóvenes de Erasmus en Galicia, durante una feria de estudios celebrada en Santiago de Compostela.

 

Mozos de Erasmus en Galicia, durante unha feira de estudos celebrada en Santiago de Compostela.


A Rexión Internacional 25/01/2015



A Consellería de Cultura
, Educación e Ordenación Universitaria mantén o presuposto de 1,3 millóns para axudas complementarias ao programa Erasmus+ e incrementa a contía mensual para un 77% dos posibles beneficiarios desta acción no curso 2014/2015.

Diso informou o departamento autonómico nun comunicado, no que explicou que, como novidade, este ano se incrementa a contía mensual para os estudantes que realicen o programa de mobilidade nos países con maiores custos de vida o que, segundo as primeiras estimacións de posibles bolseiros, supoñería un incremento da achega mensual para o 77,2% dos beneficiarios.

Así mesmo, a Consellería destacou que, un ano máis, establece en nove meses a duración máxima da axuda, o que supón catro meses máis do tope máximo de cinco mensualidades establecido polo Organismo Autónomo Programas Educativos Europeos (Oapee
) e polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Deste modo, as contías mensuais oscilarán entre os 80 euros --que recibiron o ano pasado ao mes todos os beneficiarios-- e os 150 euros mensuais, en función do país no que cursen os estudos.

Países

Así, os estudantes que realicen o Erasmus
+ en Dinamarca, Irlanda, Francia, Italia, Austria, Finlandia, Suecia, Reino Unido, Liechtenstein, Noruega ou Suíza recibirán 150 euros aos mes; mentres que os que o desenvolvan en Bélxica, República Checa, Alemaña, Grecia, Croacia, Chipre, Luxemburgo, Países Baixos, Portugal, Eslovenia, Islandia ou Turquía terán unha axuda de 120 euros mensuais.

A bolsa será de 80 euros ao mes para os alumnos que cursen o programa de mobilidade en Bulgaria, Estonia, Letonia, Lituania, Hungría, Malta, Polonia, Romanía, Eslovaquia ou na Antiga República Iugoslava de Macedonia.

O prazo de presentación de solicitudes para a obtención destas bolsas, dirixidas a persoas matriculadas en estudos universitarios oficiais conducentes aos títulos de graduado, licenciado, arquitecto, enxeñeiro, diplomado, mestre, arquitecto técnico ou enxeñeiro técnico; estará aberto ata o próximo 2 de febreiro. Os requisitos da convocatoria poden consultarse no Diario Oficial de Galicia a través da web da Xunta.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas