GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

As delegacións de Facenda carecen dos formularios para que os retornados reclamen as devolucións

(16/01/2015)

As delegacións de Facenda carecen dos formularios para que os retornados reclamen as devolucións


Redacción, Vigo | 15 Xaneiro 2015 - Crónicas da Emigración



Os pensionistas retornados pendentes de que a Axencia Tributaria lles devolva as cantidades aboadas en concepto de sancións, recargas e intereses de demora por eludir declarar as pensións que perciben do estranxeiro estanse a encontrar cun serio problema cando acoden ás delegacións provinciais de Facenda para cubrir o formulario que permitirá a devandita devolución. Nin os funcionarios teñen coñecemento dos feitos nin nesas oficinas existen formularios dispoñibles para realizar a reclamación.

"É unha tónica xeral" en toda España, asegura a presidenta da Federación de Asociacións de Emigrantes Retornados (Feaer), Eva Foncubierta, quen asegura que está pendente de establecer contacto co director xeral de Tributos de Facenda, Rufino de la Rosa, para que lle aclare esta situación. Segundo Foncubierta
, na reunión celebrada con este dirixente o pasado mes de decembro, recordóuselle a condición dos afectados, que son persoas maiores con dificultades para manexar as novas tecnoloxías, polo que se fixo especial fincapé na necesidade de que as delegacións de Facenda conten con formularios en papel para que poidan realizar as súas reclamacións con facilidade.

A presidenta da Feaer
recoñece que algúns funcionarios se aprestan a sacar o formulario da páxina web da Axencia Tributaria para facilitárllelo aos demandantes, pero di que a maioría descoñecen a súa existencia.

Non obstante, os máis rápidos en realizar os trámites xa comezaron a recibir as primeiras devolucións, segundo reflicte o periódico 'Faro de Vigo' na súa edición do xoves 15 de xaneiro. Na devandita publicación tamén se recollen as queixas dalgúns afectados que se encontran con problemas en Facenda á hora de solicitar os formularios, que están a disposición dos demandantes dende o pasado 1 de xaneiro, pero, ao parecer, só a través da páxina web do Ministerio, o que non deixa de constituír un problema para os afectados.

O Consello de Ministros celebrado antes das vacacións de verán aprobou o proxecto de lei de reforma do IRPF e do imposto da Renda dos non Residentes, polo que dá un período de seis meses, contados a partir do 1 de xaneiro de 2015, para que os pensionistas retornados que tiñan contan pendentes con Facenda poidan regularizar a súa situación sen que se lle apliquen sancións.

Deste xeito, durante o primeiro semestre de 2015, os afectados poderán presentar autoliquidacións complementarias dos períodos impositivos que non prescribisen.

O texto legal tamén anula as sancións, recargas e intereses de demora aplicados por eludir as declaracións, polo que, aqueles que xa as aboasen, poderán reclamalos acudindo ás delegacións de Facenda, ou ben a través da páxina web da Axencia Tributaria
(http://www.agenciatributaria.es/AEAT.internet/Pensiones_extranjeras_IRPF.shtml).
O ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, asegurou no Parlamento que a contía global que se vai aboar por este concepto ascende a 20 millóns de euros.

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas