GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O medio millón de galegos e galegas do exterior beneficiaranse do incremento en programas sociais dentro dun orzamento de 7’7 millóns de euros para 2015

(14/11/2014)

O medio millón de galegos e galegas do exterior beneficiaranse do incremento en programas sociais dentro dun orzamento de 7’7 millóns de euros para 2015

 
 

As actuacións derivadas da Lei de Galeguidade increméntanse nun 6’78%.

Blíndanse as axudas económicas individuais, e extraordinarias de emerxencia social, para as persoas residentes no Exterior, así como a colaboración a través de entidades que prestan axuda socioasistencial dirixida ás e aos máis desfavorecidos.

Emigración dispón de máis de dous millóns de euros para colaboración directa coas Comunidades Galegas.

Continuarase desenvolvendo o Plan Integral de Emigración 2014-2016.

O orzamento xeral da Secretaría para 2015 ascende a 7.783.171 euros.

 

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2014.

Listen to this page using ReadSpeaker
 

A Secretaría Xeral da Emigración continúa, un ano máis, intensificando o seu esforzo orzamentario cara a todas aquelas políticas destinadas á atención socioasistencial da cidadanía galega no Exterior, e moi nomeadamente para o colectivo máis vulnerable, o das persoas de avanzada idade.

Así, as persoas maiores son beneficiarias do 50% dos orzamentos efectivos (presuposto total agás persoal) totais dos que disporá Emigración para 2015, tanto a través das preto de 8.000 axudas económicas individuais que reciben nos diferentes países onde residen, como dos programas específicos para o seu achegamento a Galicia, ou a colaboración a través das entidades que prestan axuda socioasistencial dirixida ás e aos máis desfavorecidos. Todo iso suma unha partida de en torno aos 3 millóns de euros, con beneficio directo para unhas 10.000 familias, ou unhas 30.000 persoas.

As actuacións derivadas da Lei de Galeguidade, que engloban a maioría dos programas de acción social e asistencial, proxección exterior e apoio á muller e xuventude, da Secretaría Xeral, aumentan o seu orzamento para o ano 2015. Así, dos 1.700.380 euros destinados o ano pasado a este apartado, auméntase ata os 1.815.653, “sendo o incremento máis notable que se rexistra nas nosas contas, e que dá fe do esforzo nesta materia que está a realizar o Goberno galego, mesmo en tempos de dificultades económicas”, segundo destaca o secretario xeral, Antonio Rodríguez Miranda.

Orzamento social
Trátase duns investimentos de marcado carácter social, dirixidos a manter e desenvolver os programas socioculturais e de carácter formativo destinados ás e aos emigrantes galegos e os seus e as súas descendentes no exterior, así como ás súas comunidades. Entre estes programas, cabe salientar os de fomento do retorno, o Conecta con Galicia (dirixido á mocidade, especialmente aos galegos e galegas de segunda xeración), o de Escolas Abertas, ou os distintos cursos e seminarios organizados por centros e casas de Galicia en todo o mundo, e que contan con axuda económica por parte de Emigración.

Miranda tamén salienta o feito do mantemento da mesma cantidade que o ano pasado (máis de dous millóns de euros) para axudas individuais, tanto asistenciais como de emerxencia. “Unha proba máis do compromiso do Goberno galego, e nomeadamente deste departamento, con aqueles en situación máis precaria. Temos dito que o orzamento da atención aos colectivos en situación máis precaria era intocable, e estamos cumprindo”, afirma o secretario xeral da Emigración.

Como dato significativo, no exercicio 2014 resultaron beneficiarias directas das axudas económicas individuais 7.732 persoas (ás que habería que engadir as perceptoras de axudas de emerxencia social, para achegarnos a cifra dos case 8.000 persoas beneficiarias directas), polo que o cálculo sobre ratio medio de individuos por familia permite falar de 24.000 galegas e galegos do Exterior beneficiados por esta liña de actuación da Secretaría Xeral da Emigración. Cómpre salientar asemade que a media de idade do ou da titular da axuda é 77 anos, o que reflicte en grande medida as necesidades socioasistenciais deste colectivo.

Plan Integral de Emigración
O orzamento de 2015 continúa garantindo un axeitado desenvolvemento do Plan Integral de Emigración 2014-2016, que potenciará as actuacións por parte das comunidades galegas non só na súa coñecida vertente de promoción cultural e socioasistencial, senón tamén como colaboradoras das relacións exteriores económicas de Galicia. Contribuirase así á proxección económica de Galicia no Exterior incentivando a participación das Comunidades Galegas, e dos axentes económicos galegos no Exterior, nesta tarefa común.

Dentro desta proxección exterior de Galicia e a presentación das súas potencialidades e riquezas a través do proxecto ‘Galicia Pórtico Universal’, seguirá estando presente nestes presupostos como actividade transversal coordinada con diversos departamentos da Xunta de Galicia e cuns resultados positivos no que se refire á experiencia do último ano, con máis de 60.000 visitantes en tres países de dous continentes distintos.

Ao abeiro do Plan, desenvolveranse accións no tocante á protección do patrimonio das entidades galegas do Exterior, e de incentivo da participación máis activa da muller e da xuventude na vida social da diáspora galega, e tamén no seo das Comunidades galegas.

Os programas socio-asistenciais que atenden a maiores (Reencontros na Casa, Reencontros na Terra), xuventude (Conecta con Galicia) ou muller (celebración de actividades específicas), así como os de contido formativo, difusión da nosa cultura e da nosa lingua, contémplanse nesta liña. Deste xeito, consolídase a premisa de antepoñer as persoas e o seu benestar fronte calquera outra consideración e o enfoque de atención social no emprego dos recursos.

O que baixa
Co obxectivo de continuar centrando a atención en todas as políticas dirixidas a accións de carácter socio-asistencial e formativo, a Secretaría Xeral da Emigración axustou, un ano máis, os seus gastos de funcionamento para favorecer o desenvolvemento das actuacións derivadas da aplicación da Lei de Galeguidade, e a execución do Plan Integral de Emigración, reducindo aquelas partidas que non afectan directamente ao cidadán.

Así, en canto ao orzamento para o financiamento dos gastos xerais ordinarios de funcionamento e mantemento desta unidade administrativa, diminúese nunha media do 13,58%, de acordo ás liñas xerais deseñadas polo Presidente Feijóo de emprego dos recursos públicos en accións encamiñadas ao ben social, e non ao propio funcionamento da Administración. Tamén se reducen nun 5,20% os gastos de persoal.

Máis para as e os que menos teñen
Tal e como resumía o secretario xeral da Presidencia, Valeriano Martínez, na presentación dos orzamentos no Parlamento de Galicia, “cómpre destacar que as actuacións da Secretaría Xeral da Emigración seguen a incidir de cara ao vindeiro exercicio económico no investimento de carácter social, entendendo como investimento deste carácter tódalas actuacións integrais en favor da Emigración galega, dos galegos do Exterior e a poboación retornada. Nesta liña, priorízase a asistencia aos emigrantes en situación de extrema necesidade, e os programas destinados a garantir a calidade de vida dos nosos maiores no exterior”.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas