GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Fernández-Díaz comprométese a reforzar as fronteiras contra a inmigración irregular ante os seus socios do G6

(07/11/2014)

Fernández-Díaz comprométese a reforzar as fronteiras contra a inmigración irregular ante os seus socios do G6

 

O ministro do Interior, Jorge Fernández-Díaz, comprometeuse cos seus socios europeos do G6 a reforzar as capacidades de control das fronteiras e a xestión migratoria tanto da Unión Europea como dos países de orixe e tránsito.

EUROPA PRESS - MADRID

06/11/2014 - eldiario.es

Fernández-Díaz se compromete a reforzar las fronteras contra la inmigración irregular ante sus socios del G6

Fernández-Díaz comprométese a reforzar as fronteiras contra a inmigración irregular ante os seus socios do G6

Fernández Díaz participou na Reunión do G6 de ministros do Interior de Alemania, Polonia, España, Francia, Reino Unido e Italia, que se celebra en Paris. Neste encontro, os ministros do Interior do G6 debateron sobre a inmigración irregular no Mediterráneo e os seus fluxos e a loita contra o terrorismo.

O ministro  demandou que as redes de inmigración irregular sexan unha prioridad para a Unión Europea e, por iso, pediu "unha política migratoria conxunta para xerar unha acción permanente que permita responder ás presións migratorias dunha forma estructurada", segundo informou Interior nun comunicado.

Neste sentido, o ministro do Interior reafirmou ante os seus socios europeos que "agora fai falta tomar decisións sobre os proxectos concretos, financialos e executalos nun prazo inmediato".

Jorge Fernández Díaz relatou que a loita contra a inmigración irregular esixe "un esforzo moi longo, sostido e de estreita cooperación" entre os Estados membros e os principais países de orixe e tránsito dos fluxos migratorios.


Neste sentido, o xefe da carteira de Interior defendeu a necesidade da prevención en orixe e a cooperación cos países terceiros, e recordou o proxecto SEAHORSE Atlántico no que España participou, como "exemplo exitoso de colaboración cos principais países de orixe e tránsito migratorio"

Este proxecto, explicou o ministro, ten a súa continuación no proxecto SEAHORSE Mediterráneo, co obxectivo de "combater as redes de inmigración irregular que operan no Mediterráneo central".

 

LOITA CONTRA O TERRORISMO YIHADISTA

O ministro do Interior recordou as operacións marítimas da axencia FRONTEX que lidera España: Indalo e Minerva no Mediterráneo e Hera en augas de Senegal, esta última a única operación de FRONTEX en augas africanas.

Neste sentido, Jorge Fernández Díaz sinalou o compromiso que adquiriu coa Axencia FRONTEX e Italia de aportar "de xeito inmediato" medios humanos e materiais para a Operación Tritón, con expertos da Garda Civil e da Policía Nacional así como cunha patrullera de altura da Garda Civil.

O terrorismo yihadista tamén foi unha cuestión central na reunión dos xefes de Interior. As medidas que se debateron foron: o reforzo do control fronterizo para loitar contra o terrorismo ou a comprobación nas bases de datos de Interpol nos cruces de fronteiras.

Tamén, o intercambio de información policial de intelixencia como elemento "primordial" para detectar combatentes que retornan, así como a achega de probas da súa pertenencia ou integración en organización terrorista para perseguilos xudicialmente.

Neste sentido, sinalou Fernández-Díaz, o PNR europeo axudará a identificar a yihadistas antes de que inicien a súa viaxe e proporcionará información "valiosísima" para que as Forzas e Corpos de Seguridade poidan actuar con "tempo suficiente".

 

INTERNET COMO FOCO DO TERRORISMO YIHADISTA

Jorge Fernández-Díaz que puxo o foco en Internet como ferramenta de incitación, organización e financiamento dos yihadistas,  demandou unha "permanente" actualización dos servizos gobernamentais responsables de combatelos, unha adecuación "continua" do marco legal dispoñible, unha estreita colaboración pública-privada e o desenvolvemento de medios informáticos de control "axeitados".

O ministro do Interior explicou que en España se crearon unidades especializadas na Policía Nacional e na Garda Civil para "monitorizar a rede, vixiando a presenza de contidos radicais ou con fins terroristas".

Tamén recordou a creación dunha Oficina de Coordinación Cibernética no seo do Centro Nacional para a Protección de Infraestructuras Críticas (CNPIC).

Por iso, Jorge Fernández Díaz trasladou aos seus homólogos europeos a súa intención de modificar próximamente o Código Penal e a Lei de Enxuiciamento Criminal para penalizar o "consumo de contido terrorista", do mesmo xeito que se fai coa pornografía infantil para "castigar" a quen consulte a propósito ou descargue arquivos nos que se incite ou se faga apoloxía do terrorismo.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas