GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Consulado Móbil de Colombia en Vigo

(05/11/2014)

 

 Consulado Móbil de Colombia en Vigo

 

Os días 5, 6 e 7 de novembro celebrarase un Consulado Móbil de Colombia en Vigo




Parainmigrantes, outubro 30, 2014.



Consulado Móbil de Colombia en
Vigo. - Os próximos días 5, 6 e 7 de novembro o Consulado  Xeral de Colombia en Madrid realizará un Consulado  Móbil na cidade de Vigo (Pontevedra
).

A través do devandito  consulado  móbil adiantaranse trámites de pasaportes, autorización de saída de menores, rexistro civil, constancias ou certificacións de inscrición consular, autenticacións, poderes específicos e declaracións de estado civil, pagamento de apostila, cédula de cidadanía (por primeira vez, duplicado e renovación).

Ademais, se solicitaches a cédula de cidadanía e/ou o pasaporte no Consulado  Xeral de Colombia en Madrid e non o reclamaches, podes enviar un correo electrónico antes do 31 de outubro de 2014 a cmadrid@cancillería.gov.co e entregaráseche no Consulado  Móbil durante estes tres días.

O horario de atención estará comprendido entre as 09:00 e as 17:00 horas, os días 5 e 6, e de 9:00 a 12:00 do medio día o venres 7 de novembro.

A atención consular terá lugar na Rúa do Príncipe número 1, Praza Porta do Sol.

consulado de colombia
 

Os pagamentos de trámites poderanse realizar con tarxeta de crédito ou débito directamente na Unidade Móbil, ou poderanse ingresar na conta n.º 0049-0496-81-24 10206925 do Banco Santander, polo valor exacto do trámite que desexe facer e presentar o recibo orixinal, que debe ir imprimido co timbre e o nome do beneficiario.

Para ser atendido no Consulado Móbil deberá solicitarse cita previamente como "Trámite Xeral" a través do seguinte enlace:  CITA PREVIA

Os requisitos e as tarifas pódelas consultar a través da páxina web do Consulado General de Colombia en Madrid.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas