GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Decenas de inmigrantes protagonizan un novo intento de entrada a Melilla

(08/10/2014)

Decenas de inmigrantes protagonizan un novo intento de entrada a Melilla

A tentativa máis numerosa, protagonizada por uns 200 subsaharianos, produciuse sobre as 07.00 horas na zona do Río de Ouro, moi próxima ao posto fronteirizo de Mariguari


Escrito por:
Efe
08 de outubro de 2014



Decenas de inmigrantes protagonizaron hoxe un novo intento de entrada a Melilla a través do valo fronteirizo que separa a cidade autónoma de Marrocos, un obxectivo que, ao parecer, non conseguiu ningún deles.

Segundo informaron a
Efe fontes policiais, a tentativa máis numerosa, protagonizada por uns 200 subsaharianos, produciuse sobre as 07.00 horas na zona do Río de Ouro, moi próxima ao posto fronteirizo de Mariguari
.

Unha hora antes, sobre as 06.00, un grupo menos numeroso, de entre 20 e 30 inmigrantes, fora detectado nas proximidades doutro paso fronteirizo, o de Beni Enzar
.

Ata o lugar desprazáranse numerosas patrullas da Garda Civil, reforzadas dende o aire polo helicóptero do instituto armado dedicado á vixilancia fronteiriza.

Non obstante, o maior grupo de inmigrantes, mentres os axentes se concentraban nunha zona sur do perímetro, encontrábase nun lugar situado máis ao norte, a uns seis quilómetros.

Estratexia «de distracción»

De acordo coas fontes, este dobre intento, case simultáneo, pode ser unha estratexia «de distracción» para que o grupo máis numeroso conseguise maior efectividade.

Ás portas do Centro de Estanza Temporal de Inmigrantes (CETI), decenas de subsaharianos concentráronse para seguir a ida e vinda de coches policiais, en tanto a estrada de circunvalación tivo que ser cortada por razóns de seguridade.

O último intento de entrada masiva de subsaharianos produciuse fai xusto unha semana, o pasado 1 de outubro, cando outros 200 subsaharianos o intentaron por unha zona do valo próximo ao aeroporto, sen que ningún conseguise entrar a Melilla.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas