GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Interior xustifica as expulsións en quente en que é un deber evitar a entrada de irregulares

(08/10/2014)

Interior xustifica as expulsións en quente en que é un deber evitar a entrada de irregulares

Insiste en que seguirá cos rexeitamentos na fronteira dos que xa teñan superado o valo porque ten amparo normativo

 

Martínez, unha vez máis, defendeu onte a tese de Interior, moi cuestionada por xuristas, organizacións de dereitos humanos e agora tamén por algún xuíz, de que a fronteira é un concepto elástico e que, en realidade, os inmigrantes non pisan territorio español só co feito de saltar o triplo valado senón que, ademais, deben superar o perímetro de seguridade da Garda Civil e a Policía, e penetrarse no país.

Precisamente, seguir esta interpretación valeulle a imputación por un delito de prevaricación ao coronel xefe da Garda Civil en Melilla, Ambrosio Martín Villaseñor, pola expulsión en quente dun número indeterminado de subsaharianos que saltaron o valado en dúas ondas o 18 de xullo e 13 de agosto. Todos eles foron entregados de xeito inmediato a Marrocos por unha porta de servizo do perímetro.

 

«Unha obrigación»

O secretario de Estado dixo que o seu departamento non vai abandonar» este tipo de deportaciones porque son instrumento de «protección da nosa seguridade no perímetro fronteirizo». «É unha obrigación que lle impón ao Goberno tanto o código de fronteiras Schengen como a Lei Orgánica de Forzas e Corpos de Seguridade do Estado», apostilou, antes de recordar que a Audiencia Nacional rexeitou investigar unha demanda contra o protocolo de expulsións da Garda Civil nas dúas cidades autónomas. «O resto de xuíces non dixo nada, están a instruír», recordou.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas