GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Traballo e formación en hoteis de Alemaña e España

(26/09/2014)

Traballo e formación en hoteis de Alemaña e España

42 alumnos do Carlos Oroza que cursan a FP Dual comezan as súas prácticas en establecementos da cadea Eurostars

 

Empezar a traballar e a formarse á vez desde o minuto cero en grandes hoteis de España e Alemaña é unha oportunidade única para 42 alumnos do centro integrado Carlos Oroza matriculados nos ciclos superiores da nova FP Dual. Son estudantes de Dirección de Cociña, de Xestión de Aloxamentos Turísticos e de Dirección de Servizos de Restauración, e a próxima semana farán as maletas con destino a 18 hoteis da cadea Eurostars, do grupo Hotusa, adxudicatario das Pousadas do Salnés que a Deputación prevé abrir a principios do próximo ano na Lanzada, Ribadumia, Meaño e Armenteira. Todos eses mozos con ganas de demostrar o seu talento recibiron onte a documentación necesaria para o inicio das súas prácticas de mans do presidente provincial, Rafael Louzán, do director xeral de Formación Profesional, Manuel Corredoira, do director do Carlos Oroza, Manuel Hermo, e do directivo de Hotusa, José María Barrán, quen lles desexaron toda a sorte do mundo no seu obxectivo de titularse e conseguir un posto de traballo fixo no grupo hostaleiro que contribui+rá a converterlles en profesionais.

 

Variedade de destinos

Dde os 42 estudantes, 11 formaranse nos hoteis Grand Central e Eurostars Book de Múnic; 15 en establecementos que a cadea ten en Barcelona; 3 no Palace de Córdoba; 6 no Reconquista de Oviedo, e 7 en hoteis galegos: o San Lázaro e o Monte do Gozo, de Santiago, o Mar de Vigo e o Cidade da Coruña. As prácticas que agora inician van ter unha duración de 9 meses, combinando formación e traballo. O ciclo completarase con dous meses de clases presenciais no CIFP Carlos Oroza e 6 a distancia. En total, dous anos de aprendizaxe durante os cales os mozos que participan nestes cursos non só obteñen formación teórica e práctica nunha contorna real de traballo, senón que perciben unha remuneración de 500 euros mensuais.

 

Rumbo a Alemaña

A Laura Cotón tocoulle traballar no Grand Central de Múnic. Esta nova marinense, que quere converterse en maître e vese como «futura mánager», recoñece que o seu punto débil é o alemán, aínda que espera aprendelo. De momento deféndese ben co inglés. « Págannos a viaxe, aloxamento e a manutención e dannos 500 euros; creo que ao principio viviremos no hotel e despois buscaremos un piso», conta. Rebeca Rocha e Manuel Fresco tamén se van a Múnic, pero ao Eurostars Book. Eles estudan Dirección de Cociña e coinciden en que «esta é unha gran oportunidade para nós que non imos desaproveitar». A Noelia Nogueira, de Vilanova de Arousa, mándana ao Hotel Reconquista de Oviedo, onde espera aprendelo todo sobre servizos de restauración. «Espero que se me dea ben e teña traballo na cadea», comenta. E neste sentido o directivo de Hotusa, José María Barrán, auguroulles un bo futuro e díxolles que esa é unha das apostas do seu grupo, «ter galegos en casa».

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas