GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Unión Europea di que o imposto de sucesións discrimina os emigrantes

(10/09/2014)

A Unión Europea di que o imposto de sucesións discrimina os emigrantes



Redacción, Santiago | 05 Setembro 2014 -



O Tribunal de Xustiza da Unión Europea asegura que o imposto de sucesións cedido ás autonomías discrimina os emigrantes, xa que os residentes no exterior non se poden beneficiar das bonificacións que, nalgúns casos, como en Galicia, chegan ao 99%.

Esta sentenza, da que se facía eco o periódico 'Faro de Vigo', podería obrigar a revisar as diferenzas fiscais que existen dentro do territorio na aplicación deste tributo.

A sentenza responde a unha denuncia presentada en 2011 pola Comisión Europea e advirte que os non residentes son obrigados a pagar máis que os residentes, que son os únicos que se poden beneficiar da vantaxes fiscais concedidas polas comunidades. "Iso supón unha discriminación no imposto español", alega o tribunal europeo, en canto constitúe unha restrición á liberdade de circulación de capitais.

Dende o Ministerio de Facenda aseguran que están "a analizar con detemento" a sentenza do tribunal europeo e recoñecen a dificultade de adaptarse ao ditaminado por Bruxelas, "xa que cada comunidade aplica unhas tarifas ou bonificacións distintas".

O secretario xeral do sindicato de técnicos de Facenda (Gestha), José María Mollinedo, asegura que "a única fórmula pasaría por aproveitar a reforma fiscal para intentar ordenar a lexislación ao respecto e harmonizar este imposto en todo o territorio". Mollinedo recoñece que é complicado e sobre todo en vésperas de eleccións, xa que o proceso de homoxeneización entre comunidades podería levar a un incremento das contas naquelas comunidades cos tipos máis baixos ou coas bonificacións máis vantaxosas.

Este fallo do Tribunal de Xustiza da UE abre unha vía para que os emigrantes reclamen a devolución das cantidades que pagaron indebidamente, sempre que non prescribisen.

En todo caso, dende o Consello Xeral de Economías e Asesores Fiscais aseguran que actualmente en España hai grandes diferenzas no pagamento por impostos de sucesións. Por exemplo, explican, un solteiro que herda bens por valor de 800.000 euros, dos que 200.000 corresponden a unha vivenda, en Galicia pagaría 55.000 euros, en Andalucía 164.000 euros e en Cataluña, 353 euros.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas