GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O alumnado inmigrante dos colexios galegos reduciuse un 36% en seis anos

(09/09/2014)

O alumnado inmigrante dos colexios galegos reduciuse un 36% en seis anos

Máis de 200.000 escolares inician mañá as clases nun millar de centros, no primeiro ano de aplicación da Lomce



Escrito por:

E. Álvarez
Santiago / La Voz 09 de setembro de 2014


Mañá empezan o curso en Galicia máis de 200.000 escolares. Son 65.093 pequenos de infantil, 134.968 de primaria e 1.322 de educación especial. En total, a cifra mantense practicamente idéntica ao curso pasado -un 0,3% menos- pero infantil reséntese da caída demográfica que comezou no 2009; mentres que primaria aínda segue subindo en alumnado, en concreto cun 1,1% máis de estudantes. Onde aínda non parece terse tocado fondo é no alumnado inmigrante, a gran vítima da crise económica e da demográfica.

En seis anos o alumnado de infantil e primaria sen nacionalidade española derrubouse un 36%. Se no curso 2008-2009 poboaron as aulas 7.611 pequenos foráneos, este curso serán 4.895, segundo as estimacións provisionais da Consellería de Educación. A caída é máis elevada en infantil, pero as dúas etapas experimentaron un comportamento parecido durante estes anos. A matrícula da poboación inmigrante subiu de forma exponencial dende o 2001 -ese curso había menos de dous mil escolares doutros países-, ata alcanzar a cifra dos 7.611 alumnos no 2008. Dende entón a baixada foi constante, debida fundamentalmente á crise, que fixo que moitas familias volvan aos seus países de orixe.

Segundo os datos da consellería, haberá este curso case un millar de centros que impartan infantil, primaria e educación especial, e 71.731 estudantes que fagan uso do comedor escolar, dos que 11.692 o farán en instalacións xestionadas polas propias AMPA. Respecto ao transporte escolar, en torno a 93.190 alumnos utilizarán este servizo en 784 centros públicos, a través de 3.846 rutas e cun total de 2.279 autobuses.

O comezo de curso chega tamén con críticas e mesmo con mobilizacións. E ante protagonistas reais. A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público acudirá ao colexio Ben-Cho-Shey, do concello ourensano de Pereiro de Aguiar, para manifestarse ante os reis de España, Felipe e Letizia, que farán alí a inauguración oficial de curso. O titular de Educación, Jesús Vázquez, asegurou que era máis que previsible esta protesta.

A plataforma denuncia que o abandono do sistema público contrasta co fomento do ensino privado concertado «mesmo subvencionando centros que segregan alumnado por sexo». Outra das críticas refírese ao agrupamento de alumnos de distintas idades nunha mesma aula, como no colexio Maciñeira, de Neda, con 10 alumnos de primeiro e 12 de segundo.

O 2014-2015 será o curso no que se estree a Lomce, pero tamén o proxecto piloto da Xunta polo que 2.300 alumnos de quinto de primaria non terán libros de texto en formato papel e utilizarán só os contidos dixitais.


Matemáticas e deberes

As medidas da Lomce este ano serán basicamente o desdobre de Coñecemento do Medio e o aumento das Matemáticas. Tamén a liberdade que terán os colexios para fixar tarefas extraescolares, unha medida que non recolle a Lomce pero que si aproveitou a Xunta para regular no seu desenvolvemento. Outros cambios que chegarán nos cursos posteriores son a redución da Relixión en dúas horas semanais e a desaparición da Educación para a Cidadanía. Os centros de primaria terán ademais dúas horas, unha en cuarto e outra en sexto, de libre configuración, que poderán aproveitar para reforzar aquelas materias que na avaliación de terceiro non alcancen o nivel necesario.

Como a Lomce se implanta en primeiro, terceiro e quinto de primaria, a finais do terceiro curso os profesores deberán levar a cabo unha avaliación. Tal e como recolle o propio texto lexislativo, será a Administración educativa a que dispoña como facer esta proba, na que se medirá a expresión e comprensión oral e escrita, o cálculo, e a resolución de problemas en relación co grao de adquisición da competencia tanto en comunicación lingüística coma na competencia matemática. En torno a 22.500 alumnos terán que realizala, e se o resultado desta é desfavorable, o equipo docente debe tomar as medidas «ordinarias e extraordinarias» precisas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas