GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os emigrantes galegos en Cataluña entregaron os premios Alecrín

(13/08/2014)

Os emigrantes galegos en Cataluña entregaron os premios Alecrín

Franco Grande, Margarita Ledo, Moncho Borrajo, Manuel Outomuro, a Fundación Curros Enríquez e a banda de Celanova foron os galardoados

 

O antigo refectorio do mosteiro de Celanova acolleu a comida de emigrantes e posterior entrega dos premios Alecrín, que convocaba por cuarto ano a Federación de Entidades Culturais Galegas de Cataluña (Fegalcat). Nesta ocasión, a académica, xornalista e catedrática de Comunicación Audiovisual na Universidade de Santiago, Margarita Ledo Andión, recibiu a medalla de ouro que concede o máis antigo dos centros galegos en Cataluña, o de Barcelona.

O Alecrín nas artes escénicas entregouse ao humorista Moncho Borrajo, que tomou a palabra ao final do acto para improvisar ante o centenar de comensais un show cheo de retranca cara ás autoridades, entre elas o conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez, que clausurou a entrega asegurando que a cultura «pode e debe ser crítica e contestataria pero non excluínte». Os organizadores anunciaron que o premio do próximo ano concederase ao presentador televisivo Xosé Manuel Piñeiro.

O fotógrafo ourensán fincado en Barcelona Manuel Outomuro, moi recoñecido no sector da moda, foi distinguido co Alecrín en artes plásticas e o das letras entregouse ao escritor Xosé Luís Franco Grande. O premio no campo da música foi para a banda de música municipal de Celanova, representada polo seu director, José Zaldo. A Fundación Curros Enríquez recibiu outro dos premios que presentou Manoel Carrete, presidente do Centro Galego de Barcelona.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Agosto 2019
LMMeXVSD
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031 
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas