GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Publicado o listado de galegos do exterior seleccionados para as 135 prazas de 'Reencontros na terra'

(11/08/2014)

Publicado o listado de galegos do exterior seleccionados para as 135 prazas de 'Reencontros na terra'


 

 

Redacción, Santiago | 08 Agosto 2014 - Crónicas da Emigración

 

O Diario Oficial de Galicia (DOG) acaba de publicar o listado de persoas seleccionadas, e tamén reservas, para a súa participación no programa 'Reencontros na Terra' 2014, organizado pola Secretaría Xeral de Emigración e desenvolvido coa colaboración da Consellería de Traballo e Benestar.

O listado completo pode consultarse na edición do xoves do DOG, e nas páxinas web da Xunta (www.xunta.es), a específica da Secretaría Xeral da Emigración (GaliciaAberta http://emigracion.xunta.es), así como no enlace directo dentro deste portal web da diáspora: http://emigracion.xunta.es/actividade/lista-a-convocatoria/listados-persoas-seleccionadas-e-reservas-programa-reencontros-na

'Reencontros na Terra' ten por finalidade favorecer o achegamento á súa terra e ás súas familias dos emigrantes galegos de 65 ou máis anos de idade, que así poden redescubrir as súas raíces, tanto de tipo cultural e social, coma sobre todo familiar, poñéndose en contacto coa realidade do seu país de orixe e propiciando actividades que posibiliten o coñecemento da Galicia actual, o encontro coas súas propias familias, e o intercambio de experiencias co resto dos participantes.



Redescubrir as raíces

Aínda que todos os participantes han de ter 65 ou máis anos de idade, condición imprescindible para beneficiarse do programa, a idade media supera amplamente esta cifra, aproximándose aos 77 anos na última edición, a de 2013.

O programa desenvólvese ao longo de ata tres meses, con dúas fases diferenciadas. A primeira delas consiste nunha estanza de dúas semanas, na Residencia de Tempo Libre do Carballiño, en réxime de pensión completa, desenvolvendo actividades recreativas e culturais acomodadas aos participantes, e con excursións, en transporte colectivo, a distintos lugares para un mellor coñecemento da Galicia de hoxe en día. Inclúe unha visita a Santiago de Compostela con percorrido pola cidade monumental, e recepción institucional. Tamén realizarán diversas visitas ás outras vilas galegas.

En canto á segunda fase, esta consiste nunha estanza cos seus familiares de Galicia, cos que poden estar ata completar un tempo máximo de tres meses. Trátase dun complemento á estadía 'oficial' que supón para moitos dos beneficiarios unha oportunidade única de encontrar as súas raíces máis singulares e persoais, e redescubrir os enlaces familiares deixados atrás, pero non por iso esquecidos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas