GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Barbanza. O cabreo non se vai de vacacións en agosto

(05/08/2014)

O cabreo non se vai de vacacións en agosto

Emigrantes retornados manteñen as súas protestas ao considerar que o anuncio de Rajoy de que lles devolverán sancións e intereses é positivo, pero non suficiente

Escrito por:

05 de agosto de 2014  

 

O cabreo que senten os emigrantes retornados da comarca co Goberno central continúa sen disiparse. Non se foi nin coa chegada do verán nin co anuncio de Mariano Rajoy de que se lles condonarán as sancións e intereses por non ter cotizado polas pensións que cobran do estranxeiro. Os afectados, tal e como sinalaron onte nunha nova protesta que tivo lugar diante da sede ribeirense de Facenda, consideran que gañaron unha batalla, pero non a guerra. Por iso é polo que continúen reclamando «non pararemos por moito que sexa agosto e por moito que en algo nos fixeran caso».

¿Que piden agora? Os emigrantes retornados, que na plataforma se agrupan en dous grupos, insisten en que non se lles pode obrigar a cotizar polas pensións con carácter retroactivo, porque descoñecían a lei e ademais «desde Facenda non se nos dixo que tiveramos que pagar por eses cartos». Tamén piden que se lles dea exactamente o mesmo trato fiscal que aos pensionistas españois. Así que, mentres eses dous obxectivos non se conseguen, eles seguirán na rúa. Onte fixérono ao redor dunha trintena de persoas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas