GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Lalín. Ventosa rendeu de novo homenaxe aos emigrantes

(04/08/2014)

Ventosa rendeu de novo homenaxe aos emigrantes

Escrito por:

03 de agosto de 2014 

 

Centos de persoas déronse cita onte na Festa do Emigrante na parroquia de Ventosa . M. Souto

 

Armados de carpas, os veciños de Ventosa non estaban onte dispostos a que o tempo lles aguase a festa e a parroquia foi escenario un ano máis dunha multitudinaria romaxe que naceu como homenaxe e festa de reunión de todos os emigrantes que por estas datas regresan de novo á terra para gozar das vacacións. Ás nove da noite de onte a música seguía soando e a festa estaba previsto que se prolongase, como vén sendo habitual ata altas horas da madrugada. Polbo, churrasco e viño estiveron a disposición de todos os asistentes que puideron degustar sardiñas gratis, a conta da comisión. As charangas Os Ardores e Viño Blanco encargáronse de animar a xornada e a eles engadiríase pola noite o grupo Azahara. A veterana romaxe cumpría onte medio século, que non é pouco. Unha data para non lla perder. Moitos onte xa collían sitio para outra celebración a que ten lugar os días 8 e 9 de setembro. Estes días no teleclub haberá tamén servizo de polbo, churrasco, pan e viño.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas