GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Lalín abre unha fiestra ao mundo

(01/08/2014)

Lalín abre unha fiestra ao mundo

» O Concello activa 'Mundo Lalín' para rexistrar a lalinenses que viven fóra » Residentes en Arxentina, Irlanda, Madrid e Barcelona estrean a plataforma

 

 

30.07.2014 | Faro de Vigo

 

Lalín dispón desde onte dunha fiestra aberta ao mundo, unha plataforma na que poderán rexistrarse os lalinenses da emigración. O Concello activou Mundo Lalín, a través da dirección digital http://82.223.78.90/mundolalin, co fin de que os residentes fose de Galicia poidan rexistrarse, intercambiar opinións e dar a coñecer a súa ubicación, que quedará reflectida nun mapamundi que existe no portal da plataforma. Onte pola tarde xa se rexistraron dous residentes en Bos Aires (Arxentina), un en Irlanda, outro en Madrid e outro en Barcelona.

O obxectivo desta ferramenta non é outro que "reforzar os lazos de veciñanza e que tamén sirva para sacarlle provecho", de modo que actúe como foro para o intercambio de todo tipo de información, desde aquela que poida ser do ámbito social ou laboral ata a cultural, expón o portavoz do goberno, Román Rodríguez. Incorporada na páxina web municipal, a plataforma terá varias utilidades: Servirá para ter unha estatística de localización dos lalinenses no exterior, de plataforma de información, para xerar oportunidades e reforzar a identidade local, ademais de permitir a procura de contactos de lalinenses no exterior.

Esta iniciativa xurdiu a raíz da existencia dunha importante emigración histórica en Lalín. Na actualidade, oficialmente, contabilízanse 2.500 veciños residentes no estranxeiro, aínda que este fenómeno volveu a coller impulso por culpa da crise económica dos últimos anos. Rodríguez pon como exemplo significativo o feito de que, en febreiro, entraron na web municipal máis de 500 persoas doutros países. Durante a pasada xornada e coa intención de difundir a iniciativa, transmitiuse a diversas plataformas sociais de lalinenses -e galegos, en xeral- no estranxeiro información sobre a existencia da plataforma.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas