GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda explicará en Bos Aires e Montevideo o primeiro decreto que desenvolve a nova Lei de Galeguidade

(14/07/2014)

Miranda explicará en Bos Aires e Montevideo o primeiro decreto que desenvolve a nova Lei de Galeguidade

 

Redacción, Santiago | 14 Xullo 2014 - Crónicas da Emigración



O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, inicia unha nova viaxe a Bos Aires e Montevideo, capitais de dous dos países con maior presenza de colectividades galegas, para explicar o contido do primeiro dos decretos que desenvolve a Lei de Galeguidade, aprobada polo Parlamento de Galicia fai agora un ano.

Este desenvolvemento normativo é o 'Decreto de Recoñecemento e RexistroGaleguidade', cuxo obxectivo é achegarse, coa maior exactitude, precisión e verosimilitude, á dimensión actual da presenza e actividade das comunidades galegas asentadas en todos os lugares do mundo. Deste xeito, preténdese debuxar un mapa social fidedigno da diáspora galega e facer chegar os recursos públicos en favor dos galegos do exterior dun xeito máis eficaz, eficiente e equilibrada.

Ademais, e pola ampliación da tipoloxía das que poden adscribirse ao Rexistro, a Administración autonómica achegarase á importante variedade e pluralidade das entidades de cidadáns galegos no exterior, algunhas das cales desenvolven o seu labor en ámbitos, disciplinas ou con obxectivos moi concretos, recollendo mesmo novas fórmulas asociativas con soporte en internet, a través das redes sociais e iniciativas similares.

Os requirimientos para o recoñecemento e rexistro de Galeguidade implican un seguimento detallado e permanentemente actualizado, por parte da Administración, de tres aspectos fundamentais das comunidades galegas: o nivel real de actividade en distintos ámbitos, a súa masa asociativa, e a súa situación económica e viabilidade; sempre respectando o carácter privado de todas elas e, polo tanto, a súa independencia de criterio e decisión.

Altura de miras

En tal sentido, o secretario xeral de Emigración instará as comunidades galegas en Arxentina e Uruguai a reforzar as súas ligazóns coa Galeguidade, e tamén entre elas mesmas, "de maneira que a unidade de acción se traduza a curto prazo en entidades con maior fortaleza e mellores garantías de continuidade no futuro".

Miranda asegura que "as comunidades galegas nestes dous países son herdeiras dun duro e constante traballo de varias décadas, e dunha transmisión cultural ininterrompida, malia os múltiples problemas, en ambas as dúas beiras do Mar do Prata. Isto implica un nivel de responsabilidade sen precedentes na historia da diáspora galega para as masas societarias e directivas. Dar continuidade a aquel traballo dos pioneiros é fundamental, pois só así poderemos garantir a fortaleza, constancia e viabilidade destas comunidades".

Así, o máximo responsable da Administración autonómica en materia de Emigración confía en que "os actuais representantes e responsables destas comunidades pasarán á historia como aqueles que fortaleceron e fixeron crecer a Galeguidade en tempos de dificultades, coa xenerosidade e altura de miras necesarios,".

Axenda

A viaxe de Miranda comeza cunha reunión de traballo co delegado da Xunta en Bos Aires, Alejandro López Dobarro, e o conselleiro de Emprego e Seguridade Social da Embaixada de España, Santiago Camba. Posteriormente, inaugurará a 'Arte e ritual na catedral de Santiago de Compostela', do artista Luis Gabú. A importancia da presenza desta exposición na capital arxentina radica no feito de que a basílica compostelá e o Camiño que nela finaliza son os grandes valores na proxección internacional de Galicia.

Xa na xornada do mércores, o secretario xeral de Emigración salta ata Montevideo, para manter reunións co embaixador español nesa República, Roberto Varela, e cos presidentes dos centros e comunidades galegas no Uruguai. Xa de volta en Bos Aires, e na seguinte xornada, Miranda manterá unha reunión similar á de Montevideo cos representantes das diversas comunidades galegas con sede na capital arxentina.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas