GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Viaxe Itinerante do Consulado de Bolivia a Vigo os días 12 e 13 de xullo

(09/07/2014)

Viaxe Itinerante do Consulado de Bolivia a Vigo os días 12 e 13 de xullo


Parainmigrantes / xullo 9, 2014.



O Consulado Xeral de Bolivia en Madrid realizará unha viaxe itinerante á cidade de Vigo - Pontevedra, os próximos días sábado 12 de xullo de 2014, en horario de 8:30 a 17:00 horas; e o domingo 13 de xullo de 2014, en horario de 08:30 a 13:00 horas.

A atención consular realizarase na Rúa Oliva n.º 12, baixo. Situado no centro de Vigo, ao lado da colexiata e moi preto do Mercado de "A Pedra".

bolivia

Co fin de axilizar a atención na visita, o 
consulado  recorda tomar as seguintes previsións para efectuar trámites:

* Inscricións de menores e  solicitude  de pasaportes por primeira vez

Requisitos:

1. Certificado literal orixinal.

2. Informe de Alta Médica e/ou  Libro de Familia

3. 3 exemplares de fotocopia de pasaportes dos pais nunha soa folla.

4. Fotocopia do Certifidado de Matrimonio  (se son casados).

5. 5 fotos fondo branco, tamaño 4 × 5 (con vista aberta e ollos abertos).

6. Presenza do menor (imprescindible).

Aviso: a inscrición do neno é gratuíta, o pasaporte novo ten un custo de 72 euros e o certificado de nacemento adicional ten un custo de 7 euros.



Renovación de pasaportes

Requisitos:

Renovación por Caducidade: ata 4 meses antes da caducidade.

- Por extravío: denuncia orixinal actual e fotocopia de pasaporte.

- Taxa consular 72 euros.



* Poderes

Requisitos:

- Pasaporte vixente.

- Fotocopia de documento de identidade da persoa a quen vai outorgar o Poder.

- Instrutiva de Poder, asinado por 
Abogado en Bolivia (só para casos de procesos).

- Taxa consular 72 euros.

Recórdase que para os seguintes trámites  deben contar con pasaportes vixentes e fotocopias do pasaporte por cada solicitude  a realizar:

* Certificados de Antecedentes Penais Legalizados.

* Certificados de Nacemento Legalizados.

* Certificados de 
Matrimonio Legalizados.

* Certificados de Estado Civil Legalizados.

* Certificados de Defunción Legalizados.

* Certificados de inscrición Consular.

* Outras actuacións consulares.

Así mesmo, comunícase que todos os  trámites consulares solicitados durante a última viaxe de maio, serán entregados nos lugares indicados logo de presentación de resgardo e pasaporte.

Os cidadáns/ás que solicitaron os seus documentos no 
 Consulado  Xeral de Bolivia en Madrid e desexan recoller nas datas indicadas, deberán solicitar os seus documentos ao correo electrónico: info@consuladodebolivia.es ou ao  teléfono  913 265 028.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas