GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Foro Galego de Inmigración pide ao Goberno mellorar os dereitos dos migrantes

(20/06/2014)

O Foro Galego de Inmigración pide ao Goberno mellorar os dereitos dos migrantes

O Progreso

18/06/2014 - Galiciaé/ Axencias (A Coruña)

 

O Foro Galego de Inmigración presentou unha petición dirixida a Mariano Rajoy na subdelegación do Goberno na Coruña que está apoiada por medio de centenar de colectivos, entre os que destacan diversas asociacións, entidades e agrupacións políticas e sindicais.

Esta asociación estivo hoxe na subdelegación do Goberno na Coruña como final da campaña SOS, dereitos das persoas migrantes en grave perigo cun documento que entregou no rexistro dirixido ao presidente do executivo, Mariano Rajoy. Nel piden mellorar as políticas das diferentes administracións públicas dirixidas ao colectivo de migrantes e é o resultado da campaña que empezou o 29 de marzo en Santiago de Compostela. Segundo explican desde o Foro Galego de Inmigración nun comunicado, conta co apoio de numerosas entidades sociais ademais de varios partidos políticos como o PSdeG-PSOE, BNG e Alternativa Galega de Esquerda, o Concello de Oleiros ou a Universidade da Coruña.

O obxectivo da campaña foi o de concienciar ao conxunto da sociedade galega sobre o forte impacto que as políticas das diferentes administracións públicas producen nos dereitos das persoas migrantes. Mencionan varias situacións como as das fronteiras de Ceuta e Melilla, a exclusión sanitaria, as redadas racistas, o trato aos vendedores ambulantes, a explotación laboral ou o trato diario que reciben moitas persoas.

Desde o Foro propoñen a protección da saúde pública, unha renda básica de igualdade, o peche dos centros de internamento, o cesamento en deportaciones e na persecución de vendedores ambulantes e que se recupere unha lexislación laboral que garanta os dereitos dos traballadores.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas