GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Xesús Vázquez agradeceu a colaboración dos pobos que acolleron aos galegos

(16/06/2014)

Xesús Vázquez agradeceu a colaboración dos pobos que acolleron aos galegos


Redacción, Santiago | 13 Xuño 2014 - Crónicas da Emigración

Un momento de la intervención de Lucía Lameiro, durante la inauguración.

Un momento da intervención de Lucía Lameiro, durante a inauguración.

 

 

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, xunto ao embaixador de Holanda en España, Cornelis Van Rij, participou na inauguración da mostra 'A miña casa Su casa-Á mesa con emigrantes españois en Holanda' que se expón na biblioteca pública Ánxel Casal de Santiago.

Segundo Xesús Vázquez, "esta mostra reflicte a vida de moitos españois que emigraron buscando un progreso persoal en Holanda, que se traduciu nun avance da nación e da nosa comunidade, grazas á apertura e o intercambio que se deu cunha sociedade europea moi avanzada".O titular de Cultura e Educación afirmou que a esta "sociedade tan avanzada é a que as nosas traballadoras e traballadores levaron non só a súa capacidade laboral, senón a nosa forma de ser e o pouso dunha cultura de raíces moi antigas, formadas polas achegas dunha Europa que nos recoñece como meta dos seus valores máis elevados,".

Por último, o conselleiro quixo agradecer a todos os pobos que acolleron os galegos, "que buscaran vías de colaboración nas que nos permitiron participar e nos abriron portas á igualdade cos seus propios cidadáns". Neste acto tamén estiveron presentes o secretario xeral de Emigración da Xunta, Antonio Rodríguez Miranda; o director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo; e o vicepresidente da Federación de Asociacións de Emigrantes Españois en Holanda, Lucía Lameiro.

 

'A miña casa Su casa'

Esta exposición conta a historia da comunidade española emigrada a Holanda ao longo dos últimos 50 anos. O título da mostra interprétase literalmente xa que os visitantes poderán sentarse á mesa para mirar os álbums de fotos de emigrantes españois, observar os obxectos típicos cos que decoraban as súas casas e ler sobre as súas historias persoais ou sobre a historia do traballo. A mostra dedica tamén un espazo aos retornados, xa que en 1995 o 85% dos traballadores españois que emigraran a Holanda xa volveran ao país natal.

'A miña casa Su casa-Á mesa con emigrantes españois de Holanda' é unha iniciativa para conmemorar a firma en 1961 do convenio de colaboración entre ambos os dous países para a contratación de traballadores, da Federación de Asociacións de Emigrantes Españois en Holanda (FAEEH) e o Centro holandés para a Historia dos Migrantes. Ademais, conta coa colaboración da Embaixada do Países Baixos en Madrid.

Anteriormente a mostra fixo un percorrido por Holanda e, tras o seu paso por Madrid, chega a Santiago de Compostela para instalarse na Biblioteca Ánxel Casal, onde estará ata o próximo 31 de agosto.

 

O libro

A mostra baséase no libro 'A miña casa Su casa', do xornalista holandés Steven Adolf, que retrata os 50 anos de emigración, a través de 200 páxinas con fotografías en cor e en branco e negro, do contexto internacional da segunda metade do século XX e comezos do XXI e da situación económica en España e no Países Baixos.

A historia comeza a contarse a partir da firma do acordo entre España e o Países Baixos en 1961. Para isto o autor intérnase na historia persoal dos emigrantes que viven e traballan en Holanda e que son considerados parte indisociable da súa sociedade. O libro parte dunha iniciativa da Federación de Asociacións de Emigrantes Españois en Holanda e é froito do traballo de Steven Adolf, dos fotógrafos Anaís López e Hanneke Verbeek, dos redactores Wim Willems e Leo Lucassesn e da estilista gráfica Suzan Beijer.

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas