GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Afectados polas reclamacións de Facenda entregan un escrito ao director da Axencia Tributaria

(06/06/2014)

Afectados polas reclamacións de Facenda entregan un escrito ao director da Axencia Tributaria


Redacción, Santiago | 05 Xuño 2014 - Crónicas da Emigración



Emigrantes retornados galegos aos que Facenda abriu expedientes sancionadores por non declarar a súa pensión estranxeira nos últimos exercicios congregáronse este xoves ante o edificio administrativo da Axencia Tributaria de Galicia, en Santiago, para denunciar a inacción da Xunta ante o problema que padecen. Un ano despois de que se producise o conflito e malia as protestas que se veñen sucedendo en toda España, os afectados denuncian que seguen recibindo multas por parte da Administración.

Integrantes da xestora da Coordinadora Nacional Galega de Emigrantes Retornados entregaron un escrito ao director da Axencia, Ulpiano Villanueva, no que fan chegar as súas reclamacións porque "nos sentimos defraudados polo poder", resumiu Manuel Domínguez, integrante da xestora e presidente da Plataforma de Emigrantes Retornados de Santiago de Compostela.

Domínguez esixe á Xunta que "incida en Madrid" para facer algo "por un colectivo demasiado importante económica e socialmente falando en Galicia para que se lle faga caso" e denuncia que, "despois dun ano" de ter coñecemento destas sancións e tras outras reunións previas coa Consellería de Facenda, nos sentimos defraudados polo poder, resumiu Manuel Domínguez, quen explicou que segundo as estimacións existen unhas 250.000 persoas afectadas para as que "non" hai solucións" por parte das administracións.

Para referendar estas palabras, un dos emigrantes retornados presentes na convocatoria ensinou un documento sancionador con data desta mesma semana que lle chegou por carta, de maneira que os afectados advirten de que "é mentira" que "se paralizasen as sancións como di Facenda".

Segundo Domínguez, o ministro Montoro di que se está a estudar "caso por caso" este asunto, pero "o único que fai é andar con voltas, porque nin se nos informou a día de hoxe, nin se soluciona," dixo.

Ao respecto, considera que "o que tiñan que facer é informar caso por caso e non meter unha casilla como fixeron na declaración da renda deste ano, na que os emigrantes retornados deben contribuír e declarar, iso se o fixesen no 2008 aforraban moitas traxedias en moitas familias".

"O Goberno actuou con premeditación para roubarnos literalmente, é unha estafa que se nos fai para tapar certos buratos dos verdadeiramente defraudadores, corruptos, de xente que vai deixar o diñeiro a Suíza e nós o trouxemos de Suíza para aquí traballado con moita suor", lamentou Domínguez, quen asegura que se dirixiu ao responsable da Axencia nos mesmos termos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas