GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Europa entregará de inmediato 10 millóns de euros para blindar as fronteiras de Ceuta e Melilla

(04/06/2014)

Europa entregará de inmediato 10 millóns de euros para blindar as fronteiras de Ceuta e Melilla

Irán dirixidos á execución de melloras nos Centros de Estancia Temporal de inmigrantes, a plans de asistencia para o retorno voluntario e para obras de infraestruturas no valado

 

 

A comisaria Europea de asuntos de Interior confirmou onte ao seu homólogo español a entrega inmediata de 10 millóns de euros dos fondos de urxencia da UE destinados a sufragar algúns dos 26 proxectos propostos por España para facer fronte á situación de Ceuta e Melilla. En concreto, os 10 millóns de euros irán dirixidos á execución de melloras nos Centros de Estancia Temporal de Inmigrantes (CETI), a plans de asistencia para o retorno voluntario de inmigrantes irregulares e á realización de obras de infraestruturas no valado do perímetro fronteirizo de Ceuta e Melilla.

A pesar deste impulso financeiro, o ministro do Interior Español recordou a Cecilia Malmström que a presión migratoria que se vive en Ceuta e Melilla, fronteiras da UE, require de futuros esforzos orzamentarios, polo que seguirá traballando cos servizos da Comisión Europea para que o resto de proxectos propostos conten tamén con financiamento.

España considera que se debe reforzar de xeito inmediato a cooperación con terceiros países, é dicir, establecer a rede Seahorse Mediterráneo coa participación de Alxeria, Tunisia, Libia e Exipto, reforzar as capacidades de control fronteirizo e salvamento dos países do norte de África, así como a cooperación policial e fronteiriza cos países africanos para combater o tráfico de inmigrantes.

 

Illa Perexil

Por outra banda, a Gendarmería de Marrocos fíxose cargo onte de 13 inmigrantes que estaban na illa de Perexil, tras un acordo entre as forzas marroquís e a Garda Civil. Segundo o portavoz da Delegación do Goberno en Ceuta, un helicóptero do instituto armado que estaba de patrulla na zona avistounos e alertou diso ás autoridades marroquís. Unha patrulleira da Garda Civil atopábase na zona pendente dos subsaharianos, que estaban no illote desde as sete da mañá de onte.

A Garda Civil de Ceuta cre que novos grupos de inmigrantes poderían tratar de acceder á illa de Perexil nos próximos días, tras a chegada o luns 11 subsaharianos e onte outros 13, porque teñen o convencemento de que se logran chegar ata a illa serán rescatados polas unidades españolas encargadas do control fronteirizo.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas