GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Aceptadas ata o 18 de maio 78.930 solicitudes de voto do exterior para as eleccións europeas

(23/05/2014)

Aceptadas ata o 18 de maio 78.930 solicitudes de voto do exterior para as eleccións europeas

 

 

Redacción, Madrid | 21 Maio 2014 - Crónicas da Emigración

 

Un total de 78.930 españois residentes no exterior viron aceptada ata o pasado domingo día 18 a súa solicitude de voto para as eleccións europeas do próximo 25 de maio, segundo datos provisionais da Oficina do Censo Electoral.

A cifra demostra que se producirá un descenso drástico na participación deste colectivo respecto ás eleccións europeas de 2009, nas que votaron máis de 170.000 emigrantes.

A data tope para enviar as solicitudes de voto era o 26 de abril e a administración electoral acepta as que teñan un cuño válido.
Esta é a primeira vez que os residentes no exterior teñen que pregar o voto para participar nunhas eleccións europeas, tras a reforma electoral de 2011.

En 2009 o Censo Electoral de Residentes Ausentes (CERA) era de 1,23 millóns de españois e votaron case 172.000, un 14 por cento. O CERA para as próximas europeas creceu ata os 1,72 millóns de españois, de modo que en termos porcentuais o descenso será maior.

A aplicación do chamado 'voto pregado' tamén se traduciu nunha caída drástica do voto emigrante nas xerais de novembro de 2011. Naquel momento, dun censo de 1,48 millóns de emigrantes, aceptáronse 138.037 solicitudes de voto e, delas, votaron só 73.361, menos dun 5 por cento do Censo de Residentes Ausentes, fronte ao 31,74 por cento de marzo de 2008.

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas