GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Ampliado o prazo ata o 24 de maio para o envío do voto por correo para os residentes no exterior

(21/05/2014)

Ampliado o prazo ata o 24 de maio para o envío do voto por correo para os residentes no exterior

 

Redacción, Madrid | 21 Maio 2014 - Crónicas da Emigración

 

 

A Xunta Electoral Central (JEC) decidiu ampliar ata o próximo sábado, 24 de maio, o prazo para que os españois residentes no estranxeiro poidan votar por correo nas eleccións europeas, sempre que o voto chegue antes do escrutinio, debido ao atraso no envío das papeletas.

O PSOE presentou a semana pasada un escrito ante a Xunta Electoral reclamando unha ampliación do prazo para a remisión do voto por correo ao Consulado por parte dos electores inscritos no CERA e do de remisión do voto á mesa por parte dos electores temporalmente ausentes (ERTA). O límite para a remisión de voto por correo con carácter xeral para todos os electores conclúe este xoves, 22 de maio.

Os socialistas baseaban a súa solicitude nas resolucións do Tribunal Constitucional derivadas dos recursos de amparo interpostos por dúas candidaturas que se presentaban ás eleccións ao Parlamento Europeo e que xeraron dificultades no envío da documentación por parte da Oficina do censo electoral aos residentes no exterior.

Por iso, e para os efectos de facilitar o exercicio do dereito fundamental de sufraxio e de garantir a integridade do procedemento electoral, o PSOE solicitou a ampliación do prazo do voto por correo para os españois residentes no estranxeiro.

Agora, o organismo arbitral aceptou a súa petición polo que as Xuntas Electorais Provinciais deberán admitir como válidos os votos dos electores inscritos no CERA e no ERTA e remitidos por correo aos respectivos Consulados, sempre que conste que foron depositados nunha oficina postal do devandito Estado non máis tarde do día anterior ao da votación, e sempre que cheguen á Xunta Electoral Provincial antes da realización do escrutinio xeral.

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas