GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta de Galicia subscribe un acordo coa FES

(16/05/2014)

A Xunta de Galicia subscribe un acordo coa FES

 

Richard Barreiro, Caracas | 15 Maio 2014 - Crónicas da Emigración

Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral de Emigración de Galicia (1° por la izda.), firma el convenio con el presidente de la FES, Francisco González Otero (3° por la izda.), en presencia del embajador y del consejero de Empleo y Seguridad S

Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral de Emigración de Galicia (1° pola izda.), asina o convenio co presidente da FES, Francisco González Otero (3° pola izda.), en presenza do embaixador e do conselleiro de Emprego e Seguridade Social

 

O secretario xeral de Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda, e o presidente da Fundación España Saúde, Francisco González Otero, subscribiron o pasado 8 de maio un convenio de colaboración mediante o cal a Comunidade Autónoma retoma a súa contribución coa FES con 30.000 euros para gastos de atención sanitaria aos galegos maiores de 65 anos en situación de necesidade residentes en Venezuela.

Durante o acto estiveron presentes o embaixador de España, Antonio Pérez-Hernández e Torra; e o conselleiro de Emprego e Seguridade Social, Juan Santana Reyes, así como os integrantes do Comité Executivo da FES.

O secretario xeral de Emigración que chegara o día anterior a Venezuela, procedente de Uruguai e Arxentina, tamén realizou unha visita de traballo á Irmandade Galega de Venezuela (HGV) en Caracas, para establecer contacto cos seus paisanos emigrantes. Alí reuniuse coa Xunta Directiva que preside Juan Suárez Lemos e ratificaron os convenios por un importe total de 100 mil euros para o funcionamento do centro de día, as axudas individuais que outorga a Xunta de Galicia a galegos con escasos recursos, os programas 'reencontros' e para 'mozos', así como para o sostemento da Oficina da Xunta de Galicia que funciona dentro da HGV.

Así mesmo, Rodríguez Miranda asinou co presidente da Irmandade Galega de Valencia, Manuel Fajín Recarey, a corroboración do acordo, por 20 mil euros, para o centro de día que funciona na entidade galega da capital carabobeña.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas