GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda renova diversos convenios para a asistencia sociosanitaria a galegos en Arxentina, Uruguai e Venezuela

(07/05/2014)

Miranda renova diversos convenios para a asistencia sociosanitaria a galegos en Arxentina, Uruguai e Venezuela

 

Redacción, Santiago | 06 Maio 2014 - Crónicas da Emigración


Manuel Ramos y Rodríguez Miranda firman el convenio con Casa de Galicia.
Manuel Ramos e Rodríguez Miranda asinan o convenio con Casa de Galicia.


O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, cursa visita durante esta semana ás comunidades galegas de Arxentina, Uruguai e Venezuela, e asina convenios de colaboración con institucións da diáspora que prestan servizos asistenciais a galegos que, pola súa avanzada idade ou razóns de carácter socioeconómico, se encontran en situación de precariedade.

En primeiro lugar, e tras aterrar en Bos Aires, Miranda mantivo un encontro coa representante dos centros galegos de Arxentina na Comisión Delegada do Consello dás Comunidades Galegas, Beatriz Carballo. Despois, reuniuse na Consellaría de Educación e Ciencia da Embaixada española en Arxentina co seu titular, Francisco Javier Moldes Fontán.

A súa xornada en Bos Aires completouse con visitas a diversas comunidades galegas na capital, durante as cales mantivo contacto cos socios de cada entidade: a Asociación Casa de Galicia; a Asociación Galega Residentes de Mos de Mutualidad, Cultura e Recreo; e o Centro Arzuano Melidense. Tamén tivo tempo de entrevistarse co presidente do Centro Galicia e Manuel Peleteiro, do Colexio Santiago Apóstol da capital bonaerense.



Uruguai e Venezuela

En Uruguai, o secretario xeral de Emigración visitou as instalacións e saudou os residentes do Fogar Español de Montevideo, onde asinou un convenio de colaboración para a asistencia sociosanitaria de galegos en situación de precariedade e alta dependencia, pola súa avanzada idade e situación económica familiar. Neste Fogar residen agora mesmo máis de cento cincuenta cidadáns galegos.

Posteriormente, Miranda trasladouse ata a Casa de Galicia de Montevideo, onde asinou un convenio similar de colaboración. Despois, visitou o Centro Pontevedrés da capital uruguaia, e asinou máis tarde un convenio de colaboración para a atención sociosanitaria coa Asociación Española Primeira de Socorros Mutuos.

Estes convenios, así como os que de inmediato asina en Venezuela, dan continuidade á acción socioasistencial da Secretaría Xeral de Emigración, e supoñen unha contía global de 225.000 euros.

Xa na República Bolivariana, Miranda asina este mércores dous convenios coa 'Irmandade Galega de Venezuela' en Caracas, outro coa súa homóloga en Valencia, e outro máis coa Fundación España Saúde; todos eles coa finalidade de garantir as mellores condicións posibles para os galegos residentes no exterior en condicións de vulnerabilidade.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas