GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Casa de Galicia de Valladolid presentou a Miranda as actividades previstas para o seu LX aniversario

(09/04/2014)

A Casa de Galicia de Valladolid presentou a Miranda as actividades previstas para o seu LX aniversario


Redacción, Santiago | 08 Abril 2014 - Crónicas da Emigración


Rodríguez Miranda y Fernando Harguindey, durante la reunión.
Rodríguez Miranda e Fernando Harguindey, durante a reunión.


O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu no seu despacho o vicepresidente da Casa de Galicia de Valladolid, Fernando Harguindey, quen lle presentou as actividades previstas para o sesaxésimo aniversario da súa entidade, que terá lugar o próximo 23 de novembro.

Arredor desa data terá lugar unha semana cultural, organizada pola propia Casa, na que, entre outras accións previstas, a comunidade galega e a de acollida poderán gozar de conferencias, exposicións e actuacións de índole musical, para as que o secretario xeral comprometeu a colaboración da Xunta.

A Casa de Galicia de Valladolid conta con medio millar de socios, dos que a metade son galegos de nacemento. Posúe un local social de tres plantas situado nunha zona céntrica capitalina castelá, con sala de reunións, salón nobre, salón de xogos, salón xuvenil (dotado con ordenadores interconectados e acceso á Rede), cafetaría, cociña e comedor. Fai falta destacar a súa importante biblioteca con máis de 2.500 exemplares.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas