GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A UE e África comprometeranse contra a inmigración irregular ata o 2017

(02/04/2014)

 

A UE e África comprometeranse contra a inmigración irregular ata o 2017

Martes, 1 de Abril de 2014

Bruxelas, 1 abril (EFE).- Os xefes de Estado e de Goberno da Unión Europea (UE) e África selarán un plan de acción contra a inmigración irregular para 2014-2017 no cumio bilateral que celebrarán mañá mércores e o xoves en Bruxelas.

"Comprometémonos a loitar contra a inmigración promovendo unha cooperación completa e eficiente para evitar as dramáticas consecuencias da migración irregular e protexer as vidas dos inmigrantes", sinalan os líderes no borrador da súa declaración conxunta sobre inmigración, ao que tivo acceso Efe.

A UE e África aseguran que nos próximos tres anos abordarán todos os aspectos relevantes deste fenómeno dende a prevención á xestión reforzada da inmigración e as fronteiras, o tráfico de inmigrantes, así como a súa devolución e readmisión.

Ambas as dúas partes pretenden atallar o problema dende a súa raíz e están decididas a prestar especial atención ao tráfico de seres humanos mediante "a cooperación en materia de prevención, protección e persecución de todos aqueles que se aproveitan de todas as formas de explotación, tanto en África coma en Europa,".

"Comprometémonos a reforzar o nexo entre a migración e o desenvolvemento", aseguran, ao tempo que citan medidas como a redución dos custos do envío de remesas aos seus países de orixe ou a consolidación do instituto africano de remesas.

Os líderes africanos e europeos, que declaran manter un espírito de "responsabilidade compartida", están de acordo tamén na necesidade de avanzar en materia de inmigración regular e mobilidade entre ambos os dous continentes.

Neste contexto, comprométense a reforzar a protección internacional mediante instrumentos para a protección de refuxiados, demandantes de asilo e persoas desprazadas.

"Recordamos que o respecto dos dereitos humanos fundamentais dos inmigrantes, sen importar o seu status legal, constitúe unha cuestión transversal da nosa cooperación", recalcan na súa declaración.

A UE mostrouse disposta a ofrecer financiamento aos países africanos no marco da loita contra a inmigración irregular, pero fontes comunitarias dixeron a Efe que non está previsto concretar ningunha cifra neste cumio.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas