GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Goberno estudará como afectaría aos españois os cambios en inmigración que baralla Alemaña

(28/03/2014)

O Goberno estudará como afectaría aos españois os cambios en inmigración que baralla Alemaña


Redacción, Madrid | 27 Marzo 2014 - Crónicas da Emigración



O secretario de Estado da Seguridade Social, Tomás Burgos, explicou este xoves que o Ministerio de Emprego estudará como afectarán aos españois os cambios na política de inmigración que o Goberno alemán está a barallar, pero en calquera caso confía en que non afectarán ao espazo de mobilidade que constitúe a Unión Europea.

Así pronunciouse, segundo informa Europa Press, en declaracións aos medios nos corredores do Congreso ao ser preguntado polo informe de recomendacións que un grupo de expertos presentou ao Goberno de coalición teutón, e que entre outras cousas propón que os cidadáns estranxeiros (incluídos os comunitarios) que non encontren traballo nun prazo de tres ou seis meses, así como os que cometan unha fraude social, serán expulsados do país.

Non me corresponde a min facer valoración ningunha. Coñezo a información polos medios de comunicación e entendo que temos a obriga de estudar esa medida. Se tivese algún efecto no ámbito da UE valorarémolo e o Ministerio, no ámbito das súas competencias, tomará as posturas axeitadas", respondeu Burgos, declinando fixar unha posición ao respecto xa que non compete estritamente ao ámbito da Seguridade Social.

En calquera caso, Burgos recordou que fai falta "coñecer con precisión a medida" antes de valorala, xa que "os aspectos de Seguridade Social no que afecta aos dereitos dos traballadores en mobilidade na UE son extremadamente complexos" e hai que estudalos "máis alá dos grandes titulares". "Pero o que cremos é que a UE seguirá sendo un espazo de mobilidade e o que temos que conseguir é que se axuste ás necesidades e posibilidades de todos os países, tanto os emisores de emigrantes coma os que os reciben," resolveu Burgos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas