GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

´Os maiores están agora mellor formados´

(17/03/2014)

"Os maiores están agora mellor formados"

 

 

"Son persoas que xa tiveron unha empresa, que teñen unha experiencia maior que antes", afirman dende o Consello Xeral da Cidadanía Española no Exterior

 

 

m. r. 16.03.2014 | La Opinión

 

 

"Os galegos adultos que saen agora de Galicia están moito máis formados que durante a emigración dos anos 60 e 70", recoñece Francisco Ruiz, membro do Consello da Cidadanía Española no Exterior e presidente do Consello de Residentes Españois en Xenebra.

Dende a cidade suíza de Lausanne, Ruiz insiste en que os emigrantes de maior idade teñen mellor preparación que hai anos. "Son persoas que xa tiveron unha empresa, que teñen unha experiencia maior que antes e que coñecen o oficio porque o practicaron. Os mozos, en cambio, teñen moi bo currículo, pero fáltalles a práctica", explica.

A aqueles que se estean a pensar facer as maletas para buscar un traballo no estranxeiro dálles unha serie de consellos. O primeiro é o coñecemento da lingua do país ao que van. "É primordial coñecer algo do idioma. Por exemplo, Suíza é un país pequeno pero ten tres idiomas. Non é o mesmo ir á parte na que se fala suízo alemán ou á que se fala suízo francés", puntualiza. Se non se sabe o idioma, afirma, as oportunidades para encontrar un bo traballo redúcense moito.

Outro dos consellos que dá é que en todos os países hai moita competencia para encontrar emprego. "En Suíza hai paro. Non ao nivel de España, pero hai paro. No cantón de Vaud, que é onde eu vivo, o nivel do paro é moi alto, un 5%. A media de Suíza é do 3,5% ou 4% ", explica. "Que ninguén se esqueza que cando deciden marchar veñen a un país no que hai moita competencia e no que hai cidadáns doutros países que tamén están a buscar un emprego", avisa.

Por último, o terceiro consello que ofrece é que "veñan con algo moi seguro e cun presuposto do que poden gastar". Deben saír de Galicia cun presuposto do que lles custará estar unha semana ou un mes sen encontrar traballo. O contrario é moi arriscado", confirma.

 

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas