GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

¿Cal é o interese que ten o voto emigrante?

(14/03/2014)

¿Cal é o interese que ten o voto emigrante?

O voto rogado debe eliminarse por ser contrario ao dereito de sufraxio

 

O Congreso aprobaba o martes a revisión da esixencia do voto rogado e abría a porta a que o voto exterior se realice en urna. Desde o ano 2010 esíxese ao elector que reside fóra de España a solicitude previa de voto á autoridade electoral. Isto actuou como barreira burocrática na práctica e o resultado foi un descenso drástico da participación deste censo de electores residentes ausentes (CERA), pasando do 31,7 % nas eleccións xerais do 2008 ao 4,9 % nas do 2011. O voto rogado vixente maniféstase contrario ao dereito de sufraxio e xustifícase a súa eliminación.

¿A cantos electores afecta?

A 1 de xaneiro do 2014, o censo de españois residentes no estranxeiro con dereito a voto ascendía a 1.709.901 electores, o 4,7 % do censo total, que son 36.105.902 persoas censadas en toda España, estean aquí ou no estranxeiro. Este censo aumentou no medio millón de electores desde o ano 2008 porque os mozos se marchan.

¿Cantos son galegos?

A proporción de residentes ausentes é moi alta en Galicia: o 15,5 % dos seus votantes residen no estranxeiro. Esta proporción é do 25,6 % en Ourense, con 93.325 electores no estranxeiro sobre un censo que totaliza 364.592; o 17,1 % en Lugo (59.879 ausentes), o 13,5 % en Pontevedra (144.890) e o 13,3 % na Coruña, con 144.890 electores residindo fose de España.

¿Por que é importante para os galegos?

Calquera asunto deste censo é un asunto sobre todo dos galegos. Dos 1,7 millóns de electores do CERA 419.058 están censados en Galicia. A materia refírese á representación das comunidades historicamente establecidas no exterior, que debería implementarse mediante unha circunscrición ao efecto. Os argumentos de distancia explicitados no 2008 para limitar este voto distáncianse da universalidade do sufraxio, non se sosteñen en termos democráticos convencionais, en tanto que prevalece a nacionalidade española destes electores sobre calquera outra consideración.

¿Como intervén a modificación nos resultados de Galicia?

Na participación do voto exterior. Nas eleccións autonómicas do 2005 votaron 105.682 electores residentes no estranxeiro, cunha participación do 35 % do censo CERA. No 2009 foron 88.666, cara ao 25 %; ambos os comicios son previos á modificación da lei. Nas eleccións autonómicas do ano 2012, que son posteriores, só votaron 13.663 electores, menos do 4 %.

 

¿Como votan os residentes ausentes?

En xeral, votan ás forzas políticas hexemónicas da elección de que se trate. Nas eleccións á Xunta do ano 2009, previas ao voto rogado, 8 de cada 10 destes votos recibíronos o PP e o PSdeG-PSOE, 1 de cada 10 o BNG e o outro se dispersou entre as demais candidaturas. Nas autonómicas do 2012 produciuse unha distribución similar.

 

¿Beneficia a algún partido a eliminación do voto rogado?

Considerando que 8 de cada 10 votos do censo CERA son para o PP e o PSOE en Galicia e que esta proporción non é diferente en España, o derrubamento da participación deste censo é o argumento sobre o que se pode presentar a supresión do voto rogado, do que se benefician o PP e o PSOE, tamén CIU e o PNV.

 

¿Proporía o PP a modificación desta lei se lles prexudicase?

Non, móvense por intereses electorais e partidistas, o demais dálles o mesmo desde hai tempo. Comparten estes intereses co PSOE e non se proporían suprimir o voto rogado se fose beneficioso para o BNG.

 

¿Acerta o BNG opóndose a suprimir o voto rogado?

Non. O voto rogado non é universal, non se pode defender desde parámetros democráticos convencionais. En ambos os casos, a oposición obedece a razóns partidistas e ideolóxicas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas