GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Máis de 27.100 inmigrantes cobraron o paro por anticipado para volver aos seus países

(10/03/2014)

Máis de 27.100 inmigrantes cobraron o paro por anticipado para volver aos seus países

lainformacion.com

domingo, 09/03/14 -



Máis de 27.100 inmigrantes cobraron o paro por anticipado para volver aos seus países

MADRID, 9 (EUROPA PRESS)

Máis de 27.100 traballadores inmigrantes cobraron a súa prestación por desemprego de xeito adiantado antes de regresar aos seus países dende novembro de 2008 e ata o pasado mes de novembro, o que supuxo un desembolso para as arcas do Servizo Público de Emprego de 294,47 millóns de euros.

Así o asegura o Goberno en resposta ao deputado de ERC no Congreso Joan Tardá, sinalando que as rexións de onde saíron máis estranxeiros non comunitarios con esta opción foron Madrid, Cataluña e Valencia, e que os países de orixe maioritaria foron Ecuador, Colombia e Perú.

Na resposta parlamentaria, que recolle Europa Press, o Executivo explica que dende setembro de 2008 o Servizo Público de Emprego Estatal xestiona o aboamento acumulado e anticipado da prestación contributiva por desemprego (APRE) a traballadores nacionais de terceiros países que retornan voluntariamente aos seus países de procedencia e solicitan expresamente a súa inclusión no programa.

Así, entre novembro de 2008 e setembro de 2013, a citada medida aplicouse a 27.113 traballadores desempregados de orixe estranxeira extracomunitaria que retornaron aos seus países de orixe e que eran beneficiarios da prestación por desemprego de nivel contributivo.

Os traballadores saíron, principalmente, das comunidades de Madrid (7.488), de Cataluña (5.243) e da Comunidade Valenciana (2.459), e retornaron maioritariamente a Ecuador (10.451), Colombia (4.306) e Perú (3.237). O importe total das prestacións por desemprego aboadas para facilitar o retorno ascende a 294.470.012,47 euros, cunha contía media por traballador de 10.853,64 euros.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas