GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Inmigración. Cáritas esixe que España e a Unión Europea "humanicen" as políticas migratorias

(04/03/2014)

Inmigración. Cáritas esixe que España e a Unión Europea "humanicen" as políticas migratorias

lainformacion.com

luns, 03/03/14

Cáritas esixiu este luns ao Goberno de España e á Unión Europea que "humanicen", con financiamento "abondo", as políticas migratorias, para que non haxa máis mortes nas fronteiras.
A organización católica denunciou, en relación aos sucesos acontecidos na fronteira nas últimas semanas, que "é inaceptable que unha política inhumana de fronteiras obrigue ás forzas da orde a cargar a vida enteira coa memoria de mortes que nunca quixeron causar e que aos falecidos nas fronteiras se lles faga culpables, primeiro, da súa miseria e, logo, da súa morte".
As vidas perdidas, agregou, son o "berro audible" do drama humano ao que se enfrontan miles de persoas no seu tránsito cara á fronteira e nas devolucións forzadas e dixo que, a pesar de poñer valos máis altos ou aplicar procesos de devolución "sen garantías", ese sufrimento "non vai cesar".
Por iso, Cáritas España esixe ao Goberno de España e á Unión Europea a aplicación de políticas migratorias "xustas e humanas" e o seu correspondente apoio con financiamento "abondo" para rematar coas mortes nas fronteiras, xa que a realidade migratoria non se pode abordar só con medidas de seguridade e control fronteirizo.
Neste sentido, a organización católica recordou que a condición de irregularidade administrativa non pode ser escusa para menoscabar a dignidade do emigrante nin vulnerar os seus dereitos humanos, porque son persoas que queren mellorar a súa vida, fuxindo da miseria, a inxustiza e as violacións dos dereitos humanos, e recalcou que "as que se xogan a vida intentando chegar ata Europa son vítimas, non culpables."

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas