GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

López Dobarro: "É importante que se a xente sofre algún inconveniente, se achegue á Delegación autonómica"

(03/03/2014)

López Dobarro: "É importante que se a xente sofre algún inconveniente, se achegue á Delegación autonómica"

 

Mariana Ruiz, Bos Aires | 01 Marzo 2014 - Crónicas da Emigración

Alejandro López Dobarro.

Alejandro López Dobarro.

 

 

Está aberta a convocatoria das "axudas económicas individuais" que o Goberno galego, a través da Secretaría Xeral de Emigración e a súa delegación en Arxentina, poñen ao servizo dos colectivos residentes no exterior.

Os interesados, explicou o delegado do Goberno autonómico, Alejandro López Dobarro, teñen tempo ata o próximo 1 de abril para solicitar este beneficio que se tramita anualmente e implica un único pagamento que oscila entre os 500 e os 900 euros, dependendo do caso.

En Arxentina, sinalou, este ano incrementouse o tope de ingresos mínimos requiridos para solicitar este subsidio un 20% co obxectivo de incluír a todas aquelas persoas que, doutro modo, por moi pouca diferenza poderían quedar excluídas.

Neste sentido, indicou que se trata de emendar aqueles casos que aínda estando en situación de necesidade puideran quedar fóra, en función dos topes establecidos.

Por outra parte, López Dobarro invitou a "toda a xente que estea a pasar unha situación de necesidade, de enfermidade grave, que sufra o desemprego no grupo familiar ou non poida afrontar os custos dos medicamentos, a que non dubide en consultar, en achegarse á Delegación", e especificou que, aínda que non se reúna toda a documentación, con iniciar o expediente antes do primeiro de abril, o caso será tido en conta.

Consultado sobre a cantidade de beneficiarios deste programa no país, o delegado do Goberno galego avanzou que a cantidade de beneficiarios varía cada ano de acordo á realidade económica dos países, en cada momento. "Por exemplo, en Arxentina houbo anos nos que os beneficiarios foron ao redor de 300 persoas, outros 700 e outros de 1.000 persoas".

López Dobarro recordou tamén que ao longo de practicamente todo o ano se poden solicitar as axudas de emerxencia.

A diferenza entre a axuda económica individual e a de emerxencia é que a primeira apunta a paliar os efectos dunha situación crónica, establecida, que se mantén no tempo. Mentres que a axuda de emerxencia se ofrece ante unha circunstancia puntual, imprevista, como foi a inundación en La Plata ou a explosión en Rosario. Son feitos -sostivo- que acontecen e que xeran unha situación de emerxencia, mesmo en familias que non estaban nunha mala posición económica. Por iso non pechan en todo o ano".

Nesta liña, López Dobarro insistiu en que "é importante que se a xente sofre algún inconveniente, se achegue á sede da Delegación autonómica. "A idea é que non desista antes de facer a consulta".

Tamén se abriu a convocatoria para o programa 'Reencontros na casa', que organiza a Xunta de Galicia co obxecto de promover un achegamento dos seus colectivos residentes no exterior. Neste plan de viaxes a Comunidade absorbe o 60% do importe da viaxe. Hai un total de 194 prazas dispostas e a convocatoria permanecerá aberta ata o 31 de marzo próximo.

Entre os requisitos para poder ser beneficiario están: ser emigrante galego, ter a nacionalidade española, residir en América, ter máis de 60 anos, non ter optado a esta axuda nos últimos 5 anos, ter familia en Galicia e un tope de ingresos. Tamén neste caso, apuntou, a xente pode achegarse a consultar na Delegación do Goberno galego se está incluída. Unha vez pechada a convocatoria para este ano, realizarase un sorteo entre todos os postulantes que cumpran cos requisitos e os que non saian beneficiados quedarán en lista de espera.

Ao longo do ano, a Secretaría Xeral de Emigración de Galicia poñerá a disposición dos colectivos no exterior outra serie de programas como o de campamentos e campos de traballo, destinados aos mozos descendentes. Así mesmo, afondou López Dobarro, tamén hai algúns programas que promoven a reinserción dos galegos retornados a Galicia e diversas liñas de axudas para as asociacións rexionais galegas. "Destes programas -precisou- xa hai dous abertos, destinados a actuacións culturais e ao sostemento das institucións, a súa mellora e equipamento,".

 

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas