GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Deputación de Pontevedra oferta 200 prazas en 'Encontros na emigración' para viaxar a Arxentina en marzo

(03/03/2014)

A Deputación de Pontevedra oferta 200 prazas en 'Encontros na emigración' para viaxar a Arxentina en marzo

 

 

Redacción, Vigo | 28 Febreiro 2014 - Crónicas da Emigración

 

 

Os emigrantes retornados, as persoas con familia en Arxentina e aqueles que perciben prestacións sociais terán preferencia, por esta orde, á hora de acceder á oferta da Deputación de Pontevedra para viaxar a Arxentina no mes de marzo, no marco do programa 'Encontros na emigración', destinado a achegar aos emigrantes retornados á familia e amigos residentes en Arxentina e tamén para o reencontro das familias pontevedresas cos familiares que emigraron ao devandito país coa intención de gozar de mellores oportunidades.

A viaxe, de nove días de duración, con sete noites de durmida no lugar de destino, inclúe tres datas de saída (21, 22 e 23 de marzo) e outras tres de regreso (29, 30 e 31 do mesmo mes), aínda que existe a posibilidade de flexibilizar o peche de billete para a viaxe de volta, sempre suxeito a dispoñibilidade de prazas.

Os interesados en beneficiarse da iniciativa deberán presentar a solicitude no Rexistro Xeral da Diputación antes do 14 de marzo e esta deberá formularse seguindo o modelo que se facilitará no devandito rexistro ou na sede de Vigo, así como na páxina web www.depo.es.

O paquete básico, cun prezo de 880 euros por persoa, inclúe os voos dende os aeroportos de Vigo e Bos Aires, e os traslados dende o aeroporto de Bos Aires ata os hoteis e viceversa, as taxas aeroportuarias e os seguros de viaxe.

O paquete completo, cun custo de 1.135 euros por persoa, inclúe os voos dende os aeroportos de Vigo e Bos Aires, os traslados dende o aeroporto de Bos Aires ata o hotel e viceversa e o establecemento hoteleiro en réxime e aloxamento e xantar.

 Bases reguladoras Encontros na Emigración

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas