GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

50 familiares de retornados falecidos recibiron cartas de Facenda reclamándolles o pagamento de cantidades atrasadas

(28/02/2014)

50 familiares de retornados falecidos recibiron cartas de Facenda reclamándolles o pagamento de cantidades atrasadas


E. F., Vigo | 27 Febreiro 2014 - Crónicas da Emigración

 

 

O número de familiares de emigrantes retornados falecidos que fixeron pública a decisión da Axencia Tributaria de reclamarlles o pagamento de cantidades atrasadas elévase a unhas 50 en toda España, segundo a presidenta da Federación de Asociacións de Emigrantes Retornados (Feaer), Eva Foncubierta, quen considera ilegal esta reclamación por parte de Facenda, xa que, segundo sostén, os familiares dos falecidos poden asumir a herdanza e a débeda se esta está recoñecida no momento do falecemento, pero non con posterioridade.

Foncubierta aclara que ata o momento aos familiares só se lles reclaman cantidades polas débedas contraídas con Facenda no ano 2008, coa conseguinte sanción e os intereses de demora, e que as contías oscilan entre os 2.000 e os 4.000 euros.

A presidenta da Asociación de Emigrantes Retornados do Morrazo, Maruchi Álvarez, asegura que nestes momentos aínda non se coñecen moitos casos de familiares de falecidos aos que se lles reclama o pagamento de cantidades atrasadas, porque algúns "non" queren facelo público", e engade que mesmo se deron casos de "ruptura familiar" por este motivo.

Maruchi Álvarez denuncia o modo de actuar da Axencia Tributaria á hora de resolver as demandas dos afectados aos que reclaman cantidades pendentes, porque non ten sentido". "Non" hai "un criterio entendible", engade, e pon como exemplo o caso de dous afectados que residiran en Suíza, aos que se lles aplicaron resolucións distintas. Ao seu entender, na Axencia Tributaria estanse a decatar ao reclamar cantidades aos emigrantes retornados do erro cometido e asegura que a medida non foi outra cousa que unha actuación promovida polo afán "recadatorio" da Administración. A presidenta da Asociación de Emigrantes Retornados do Morrazo matiza que este modo de proceder "requiría un estudo máis amplo do que fixeron".

Pola súa banda, Fátima Monteagudo, colaboradora da Asociación de Emigrantes Retornados de Ourense, asegura que a loita da asociación que representa consiste nestes momentos en recuperar as cantidades que, en concepto de intereses, xa aboaron os afectados por esta medida de Facenda. "Non nos parece xusto e se temos que ir a Estrasburgo, iremos", asegura, porque, ao seu entender, "é discriminatorio" que uns teñan que pagar por cobrar de dúas partes e outros que perciben cantidades superiores queden exentos.

Eva Foncubierta asegura que se deu un "paso grande" coa sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ao anular a sanción a un emigrante de Alemaña. Engade que agora están pendentes do que aconteza durante o debate da proposición de lei do PSOE para que non se aplique aos afectados os intereses de demora e que se establezan prazos que lles permitan pagar folgadamente.

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas