GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Sanxenxo advirte a 92 inmigrantes da súa baixa do padrón se non o renovan

(25/02/2014)

Sanxenxo advirte a 92 inmigrantes da súa baixa do padrón se non o renovan

O proceso xorde da petición de revisión periódica que lanza o INE

 

O Concello de Sanxenxo publicou onte no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOP) unha listaxe de 92 inmigrantes que están empadroados no municipio, pero aos que non puido notificar en persoa, se continúan residindo neste concello ou non. A lista pódese consultar nas oficinas do Concello, na web do BOP de onte (páxinas 53-54) ou no negociado de estatística e padrón sanxenxino. Na resolución da alcaldesa, a popular Catalina González advirte aos citados nesta lista que se non demostran en tempo e forma que seguen vivindo en Sanxenxo procederáselles a dar de baixa do padrón deste concello.

O Instituto Nacional de Estatística (INE) enviou unha lista ao Concello para que a Administración local realizase a comprobación periódica da residencia dos estranxeiros que non están obrigados a renovar a súa inscrición padronal. Trátase de cidadáns dos estados membros da Unión Europea e doutros estados parte do acordo sobre o Espazo Económico Europeo. Tamén se inclúe a cidadáns doutros estados distintos aos anteriores que teñen cartón de residencia de réxime comunitario ou que contan con autorización de residencia permanente. O obxectivo da comprobación realizada en casos como o citado de Sanxenxo está na depuración dos padróns, conforme a un acordo do Consello de Empadroamento, un organismo a nivel estatal, que adoptou esta decisión de revisións periódicas o 27 de xuño do 2008.

Segundo a resolución publicada no BOP, os estranxeiros residentes aos que non se lles puido notificar a súa necesidade de demostrar a súa residencia efectiva en Sanxenxo contan con 10 días para facelo e se non o Concello os dará de baixa de oficio.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas