GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A CE recorda que os países teñen que facilitar as demandas de asilo

(25/02/2014)

A CE recorda que os países teñen que facilitar as demandas de asilo

La Vanguardia| 24/02/2014

Bruxelas, 24 febreiro (EFE).- A Comisión Europea (CE) recordou hoxe que os Estados membros teñen a obriga de facilitar as demandas de asilo e de estudalas en función da lexislación europea.

"Se os inmigrantes solicitan o asilo, o Estado membro en cuestión ten que facilitala, explicou o voceiro comunitario de Interior, Michele Cercone, en resposta a preguntas da prensa sobre a posible modificación da Lei de Estranxeiría en España para que considere os rexeitamentos na fronteira.

O voceiro engadiu que os países da UE "teñen a obriga de verificar se estas persoas está en posición de recibir asilo, sobre a base dunhas disposicións moi claras que están na lexislación europea" e que a concesión ou non "cambia dependendo da situación da persoa en cuestión, segundo os detalles,".

Cercone declinou pronunciarse sobre o anuncio do ministerio do Interior de España de estudar unha posible modificación da Lei de Estranxeiría, dado que "é unha intención e non temos detalles" na Comisión Europea.

"Se as autoridades españolas manteñen esta intención, haberá que ver cal será a decisión e que lei se adoptará finalmente", indicou.

O voceiro recordou que "se hai inmigrantes que entran de xeito irregular no espazo ou territorio europeo, hai leis que se aplican".

"Se estes inmigrantes están nunha situación irregular e non piden asilo, neste caso normalmente trátase de ver se é posible un proceso de repatriación", explicou.

O ministerio do Interior español creou un grupo de traballo co obxectivo de traballar en fórmulas que proporcionen un marco legal ás denominadas "devolucións en quente", unha práctica que se segue habitualmente para retornar de forma inmediata a Marrocos aos inmigrantes cando chegan a España.

Fontes oficiais aseguraron a Efe que este grupo de traballo, integrado por especialistas de diversas áreas do ministerio do Interior, aínda está en "fase embrionaria" e ten como misión estudar e traballar en "fórmulas que encaixen co dereito comunitario para considerar os rexeitamentos en fronteira".

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas