GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os emigrantes pensionistas mobilízanse contra as multas

(17/02/2014)

Os emigrantes pensionistas mobilízanse contra as multas

A Rexión 15/02/2014

Celanova e Carballiño acolleron onte dúas manifestacións nas que emigrantes retornados reclamaron unha solución ante os expedientes sancionadores remitidos pola Axencia Tributaria por non incluír na declaración da renda as pensións recibidas de países estranxeiros.


Imagen de la manifestación de los emigrantes retornados en Carballiño.

Imaxe da manifestación dos emigrantes retornados en Carballiño.

Os manifestantes consideran unha decisión "inxusta" ter que aboar en 10 días a cantidade resultante da suma da declaración dos últimos cinco anos, a sanción por non a facer correctamente e os intereses de demora con carácter retroactivo. "Hai miles de expedientes sancionadores dá Axencia Tributaria, malia que nunca fomos informados nin requiridos pola Facenda Española", aseguraba en Celanova Francisco González, presidente da Asociación Provincial de Emigrantes Afectados por Facenda, que confirmou unha gran manifestación o 5 de marzo na Coruña.

"Non somos defraudadores, fomos emigrantes", dicía a pancarta que portaron durante a manifestación que arrancou ás portas da casa do concello ata Facenda. "Non nos van calar" e "Feijóo vai para a emigración" foron dous dos lemas que coreou a trintena de participantes. Unha cifra baixa se se ten en conta que, na Baixa Limia e Terras de Celanova, " o número de pensionistas afectados rolda os 2.000, 75.000 na provincia e 250.000 en Galicia". Os manifestantes reclaman, entre outros, que a administración elimine todos os expedientes sancionadores e facilitar a regularización da situación do período 2008/2012 sen recarga e sen intereses de demora.

Dende a Axencia Tributaria declinaban onte dar a coñecer o número de pensionistas afectados, se ben matizaban que "un número elevado de contribuíntes declararon correctamente as pensións obtidas no estranxeiro, pero tamén se comprobou a existencia de contribuíntes que non o fixeron". Explican que se detectou agora pola mellora dos procedementos de intercambio de información con outros países e que, á hora de facer a liquidación e regularizar a súa situación, se valora as súas circunstancias persoais e familiares".

Así mesmo, sobre o descoñecemento que alegan os afectados, contestan que hai información na web dende 2008 e que a Lei do IRPF di no seu artigo 2 que se unha persoa física é residente fiscal en España, deberá declarar en España as rendas que obteña en calquera parte do mundo.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas