GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os inmigrantes afogados en Ceuta eran mozos de entre 20 e 30 anos sen identificación

(17/02/2014)

Os inmigrantes afogados en Ceuta eran mozos de entre 20 e 30 anos sen identificación

lainformacion.com

domingo, 16/02/14 -


-Ao non portar documentación ningunha e o seu estado non permitir a súa identificación, foron enterrados sen ningunha identidade posible.

-As autopsias revelaron que todos eles faleceron por asfixia por inmersión, durante a avalancha de máis de 250 inmigrantes que se produciu o pasado 6 de febreiro en augas marroquís



Os inmigrantes afogados en Ceuta eran mozos de entre 20 e 30 anos sen identificación

(EFE). Os cinco inmigrantes afogados cuxos cadáveres foron achados nas costas ceutíes durante os últimos días eran mozos de entre 20 e 30 anos que, ao non portar documentación ningunha e o seu estado non permitir a súa identificación, foron enterrados sen ningunha identidade posible.

Segundo informaron hoxe, domingo, fontes da Garda Civil, as autopsias revelaron que todos eles faleceron por asfixia por inmersión, durante a avalancha de máis de 250 inmigrantes que se produciu o pasado 6 de febreiro en augas marroquís, na que morreron polo menos quince persoas.

Ningún dos cadáveres puido ser identificado e foron enterrados no cemiterio católico de Santa Catalina.

A asociación humanitaria Elín, entidade en defensa dos dereitos dos inmigrantes, pediu a identificación dos corpos pola dignidade das vítimas e polo descanso das súas familias.

O estado dos cadáveres despois de días somerxidos na auga impide que se lles poida recoñecer a través dos seus trazos faciais, aínda que van intentar que a través de fotografías alguén poida identificar as vítimas polas pezas que vestían.

O primeiro dos cinco cadáveres aparecidos na costa ceutí foi achado o día 8 de febreiro, o segundo o día 12, o terceiro o día 13 e os dous restantes na mañá de onte.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas