GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A UE anuncia represalias se Suíza restrinxe a entrada de traballadores

(11/02/2014)

A UE anuncia represalias se Suíza restrinxe a entrada de traballadores

Bruxelas responde ao desafío helvético e advirte de que a liberdade de movemento é «sacra»

O si que Suíza deu o pasado domingo no referendo a favor de limitar a «inmigración masiva» no país helvético desencadeou unha onda de indignación no corazón da Unión Europea. A resposta de Bruxelas ao desafío proposto por Berna é clara. Se se impoñen cotas ao acceso de traballadores comunitarios en Suíza, haberá «consecuencias moi graves» por vulnerar os acordos de libre circulación que están vixentes.

O Consello Federal helvético ten un prazo de tres anos para aplicar a medida ratificada por un 50,3 % dos votantes. A súa posta en marcha afectará aos traballadores europeos que cruzan periodicamente a fronteira suíza para traballar, aos demandantes de asilo e a traballadores de terceiros países. Esta iniciativa antiinmigración tamén propón limitar o acceso ás prestacións sociais dos non nacionais e pon en risco o dereito á reagrupación familiar: «Terá consecuencias desestabilizadoras para todos os que traballen fóra das súas fronteiras. Estarán nun limbo», advertiron onte fontes europeas. Hai que ter en conta que en Suíza traballan máis dun millón de cidadáns comunitarios, entre os que se atopan un gran número de galegos (37.995).

A Comisión Europea non ten intención de engurrarse: «A liberdade de movemento das persoas é un alicerce central das nosas relacións con Suíza, é sacra», asegurou onte a portavoz do Executivo comunitario, Pia Ahrenkilde. Os próximos movementos do Goberno helvético serán vixiados de cerca e xa se sabe cales serán as primeiras sancións que imporá Bruxelas se se vulnera este principio.

Para empezar, contémplase suspender a participación de Suíza no programa Erasmus e nos Fondos de I+D, pero o enfrontamento podería ir máis aló. Fuentes do Executivo comunitario non descartan que se reformulen por completo todos os acordos, incluído o de libre acceso ao mercado interior, unha medida que podería facer moito dano a un país que exporta a maior parte da súa produción á Unión Europea.

Tamén os economistas do banco Crédit Suisse elaboraron unha primeira estimación das consecuencias económicas que terá para Suíza a limitación da entrada de traballadores estranxeiros. Ata 80.000 empregos podería perder o país, que vería reducida a produción económica en 1.200 millóns de euros, segundo os seus cálculos.

A esta polémica medida para frear a entrada de persoas procedentes de países especialmente castigados pola crise súmaselle a duramente criticada iniciativa de «expulsar aos estranxeiros criminais» aprobada no 2010, tamén por referendo.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas