GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Inmigración en masa, a debate

(10/02/2014)

Inmigración en masa, a debate

foto de Yashmina Shawki
Escrito por:

10 de febreiro de 2014  

De xeito recorrente é noticia o drama humano dos inmigrantes ilegais que arriscan e, moitas veces, perden a vida no intento de acceder a Europa. Así, estes últimos días, a morte de varios subsaharianos que querían chegar a nado ás praias de Ceuta volveunos a golpear con toda a súa crueza. O debate sobre se o peche de fronteiras é a solución parece unha cuestión afastada para quen non vemos todos os días como seres humanos afrontan de xeito desesperado o que consideran o último tramo cara á liberdade, saltando valos infestados de coitelas ou subíndose a precarias embarcacións para navegar polas procelosas augas dun mar que xamais antes viran. O problema é de tan difícil solución como o da inxustiza social, a fame, a miseria e a guerra que azoutan África e o da erradicación das mafias que enganan a xente moi necesitada. A outra cara da moeda é a ajustadísima aprobación, por un 50,4 % dos votos a favor fronte a un 49,5 % en contra, da iniciativa popular, bautizada «contra a inmigración en masa» proposta polo partido conservador suízo Unión Democrática de Centro. Reflicte esta votación a polarización social entre aqueles que teñen a sensación de invasión, non para traballar, senón para beneficiarse das axudas sociais que ofrecen algúns Estados, de moitos dos que entraron en Suíza tras a aprobación dos acordos coa UE no 2002, fronte a aqueles que consideran imprescindible a chegada de man de obra cualificada para exercer as profesións que os nacionais non poden cubrir. No transfondo, subxace a vontade de cribar aos inmigrantes impedindo a entrada de elementos indesexables que constitúen un crecente problema social por estar vinculados á delincuencia e á marxinalidade. Un proceso que, para algúns analistas, recorda tempos, non tan afastados, de selección da raza fronte a outros que entenden que a seguridade e o benestar que os cidadáns suízos lograron deben preservarse aínda que iso supoña unha deterioración das relacións coa Unión Europea.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas