GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Masiva recollida de firmas para frear o drama dos emigrantes retornados

(05/02/2014)

Masiva recollida de firmas para frear o drama dos emigrantes retornados

O colectivo está a mobilizarse tanto como pode en Barbanza

Escrito por:

05 de febreiro de 2014  

 

Os emigrantes retornados téñeno claro: «Ao que lle toca pagar multas, intereses e atrasos a Facenda vive un drama». Así que o colectivo se está mobilizando tanto como pode na comarca para intentar que non haxa máis prexudicados por non ter cotizado por pensións que cobran do estranxeiro. O sábado, tanto a plataforma que se formou en Arousa Norte como a da zona de Muros-Noia viaxaron a Vigo para participar nunha protesta conxunta cos preferentistas. E, agora, mentres non ten lugar a seguinte concentración, están a baterse o cobre para recoller firmas que apoien as súas reivindicacións. Levan xa máis de mil. E, pese ao tempo endiablado, non faltan voluntarios que se poñan en gasolineiras ou acudan a mercadillos a solicitar rúbricas.

Onte, os portavoces de sendas plataformas explicaban que, dado que seguen chegando cartas por non ter cotizado por esas pensións -cabe recordar que, aínda que a lei se aprobou no 2006, non se aplicaba e incluso en Facenda indicaban que non pasaba nada por non tributar por esas pagas do estranxeiro-, é necesario continuar na rúa. Así que o sábado se viaxou a Vigo. Desde Arousa Norte, fretouse un autobús en colaboración cos preferentistas. Visitaron a cidade do sur galego un total de 50 persoas.

A plataforma de Muros-Noia, dado que eran numerosas as persoas interesadas en sumarse á convocatoria, contratou dous autobuses. E enchéronse. Viaxaron ata a cidade olívica un total de cen persoas. E, alí, uniron as súas gargantas para protestar. Fixérono á beira de afectados de toda Galicia.

Manifestación en Santa Uxía el día 14

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas