GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O alcalde da Lama cede e destituirá ao seu edil en México

(27/01/2014)

O alcalde da Lama cede e destituirá ao seu edil en México

O seguinte na lista tampouco tomará posesión, ao traballar en Londres

Canda tachou de «ridículo» o conflito creado sobre Piñeiro, reprochando ademais ao líder do PSOE que non soubese que o ex tenente de alcalde cesou nese cargo o 31 de decembro, data en que se lle nomeou substituto. Así mesmo, calcula que a renovación na corporación local terase rematado en dúas ou tres meses. Primeiro ten que chegar a renuncia de Piñeiro á súa acta, tal e como se comprometeu con el.

A continuación, o PP ten que resolver outro inconveniente. O seguinte da lista, Carlos Bautista, tampouco vive en España. «Carlos Bautista ten que renunciar, pero aínda non puiden falar con el porque non temos contacto e está en Londres», engadiu o rexedor. Esta é a razón pola que estima que aínda lle levará ata marzo solucionar a recomposición do seu goberno coa entrada da número dez, María Cruz Sobral.

Pola súa banda, tanto Canda como Piñeiro solicitaron onte o respaldo do presidente provincial do PP pontevedrés, Rafael Louzán, que insistiu en que o edil emigrado a México, «se se consolida a oferta de traballo que ten, por coherencia, renunciará á acta de concelleiro».

A mesma mañá en que Canda anunciou a futura dimisión de Piñeiro, o presidente do PPdeG deu a entender que a renuncia ao escano era a única saída. O xefe do Executivo autónomo instou ao edil a elixir entre América e a súa localidade. «Entendo que é absolutamente incompatible o seu domicilio fóra de Galicia con manter unha acta de concelleiro, aínda que sexa sen cobrar», sentenciou Núñez Feijoo na súa comparecencia tras a reunión semanal do seu Goberno.

O mandatario popular chegou a propor publicamente a cuestión en clave de ultimato. «Nas próximas semanas -remarcou- ten que decidir se mantén o seu domicilio en México ou cesa como concelleiro en A Lama, [...] porque non poderá exercer as responsabilidades outorgadas nas eleccións. Esa é a miña posición clarísima».

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas