GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

España foi o sexto maior aportador de inmigrantes a Alemaña no 2012

(17/01/2014)

España foi o sexto maior aportador de inmigrantes a Alemaña no 2012

Máis de 37.000 españois rexistráronse como residentes no país teutón, o que supuxo un 3,5 % do total dos inmigrantes que chegaron á maior economía europea

Un total de 37.683 españois rexistráronse como residentes ante as autoridades alemás no 2012, o último ano do que se teñen datos completos, o que supón un 3,5 % do total de inmigrantes que chegaron á maior economía europea nese exercicio.

O documento gobernamental destaca así mesmo o crecemento do número de inmigrantes españois con respecto aos novos rexistros do 2011, cun aumento de 9.543 persoas ou do 33,9 %, e relaciónao coa crise económica no seu país de orixe.

« Creceu claramente a inmigración de países da Unión Europea (UE) que foron especialmente afectados pola chamada crise financeira», segundo o texto.

España é ademais o terceiro país, tan só por detrás de Grecia e Italia, cun maior saldo migratorio, xa que a diferenza entre inmigrantes e emigrantes situouse nas 20.539 persoas.

Polonia foi o país que máis novos inmigrantes achegou a Alemaña no 2012, 184.325 persoas ou un 17,1 %, seguido por Romanía -con 116.964 persoas ou un 10,8 %-, Bulgaria -con 58.862 ou un 5,4 %- e Hungría -con 54.827 persoas ou un 5,1 %-.

Tras estes catro países de Europa do leste sitúanse os países do sur de Europa máis azoutados pola crise da débeda, destaca o informe.

Así, en quinto lugar atópase Italia, que achegou no 2012 un total de 45.094 inmigrantes (4,2 %) a Alemaña; seguida por España, con 37.683 ou un 3,5 %, e Grecia, con 35.811 persoas ou un 3,3 %.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas